Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP critica que a Deputación contrate empresas externas

NOTA DE PRENSA:
O GPPP asegura que a Deputación despilfarra contratando empresas externas mentres desaproveita ó seu propio persoal

* Os populares afirma que a área de Benestar vai gastar preto de vinte millóns de pesetas en estudios “sospeitosos” e critica que o bipartito provincial leve tres anos facendo analises que “nunca teñen aplicación”

Lugo, a 2 de agosto de 2010.- O Grupo provincial do Partido Popular asegura que “a Deputación de Lugo despilfarra os cartos de todos os cidadáns da provincia facendo contratos de dubidosa utilidade e desaproveitando ó seu propio persoal, que cada vez máis se sinte ninguneado polo bipartito”.

O voceiro adxunto dos populares, José María González Barcia, asegurou hoxe que a Deputación vai gastar preto de vinte millóns de pesetas nuns estudos “cando menos, sospeitosos”, na área de Benestar. Trátase, en concreto, dun estudio de análise e diagnose dos servicios sociais na provincia ó que se lle adicará 63.838 euros, e outro para o analise e diagnose sobre a situación de igualdade na provincia e para a elaboración dun plan de igualdade de oportunidades entre mulleres e homes, que custará 49.560 euros.

Barcia lembra que a área de Benestar, “aínda que non con ese nome”, xa funcionou na anterior etapa da Deputación. “Semella que agora, de repente, hai que facer un estudio sobre os servicios sociais, estudio que foi adxudicado polo procedemento negociado sen publicidade, sendo invitadas tres empresas pero á que, casualmente, só se presentou unha”.

No que se refire ó plano de igualdade, o voceiro adxunto dos populares lembra que o primeiro plano que se fixo en Galicia fíxoo a Xunta presidida por Fraga Iribarne. “A Deputación bipartita, tan dada a grandes anuncios, tamén neste ámbito chega tarde, porque a dez meses das eleccións municipais tentar vender esta iniciativa como innovador non é de recibo. Como tampouco o é que tamén neste caso se botara man do procedemento negociado sen publicidade ó que tamén só se presentou unha empresa”.

Para Barcia, o estudio de análise e diagnose dos servicios sociais da provincia ten un fin marcadamente electoralista, “porque os datos serán analizados dende unha perspectiva exclusivamente política”. No que respecta ó plano de igualdade, resulta máis que evidente que “se se acordan del tres anos despois de chegar ó gobernó da Deputación é que realmente a igualdade non lles importa moito e que é un asunto que pretenden empregar co único obxectivo de facer política partidista”.

Exit mobile version