Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP de Burela non está de acordo co cambio do alumeado da Praza do Concello

NOTA DE PRENSA:
O GMPP de Burela: “cambiar o alumiado da Praza do Concello é un despilfarro”.

Os populares afirman que en tempos de crise hai que racionalizar os investimentos.

Lamentan que se destinaran tres millóns de pesetas ó curso de jazz.

O Grupo Municipal do Partido Popular (GMPP) de Burela manifestou hoxe que “a obra de substitución do alumiado público da Praza do Concello é un despilfarro, porque se van investir catro millóns de pesetas para renovar unha instalación que tén sete anos”.

Os populares consideran que en tempos de crise hai que racionalizar o investimento, e non gastar por gastar, como é este caso, ou como é gastar tres millóns de pesetas nun curso de jazz.

Para o PP, “este é un exemplo máis do descontrol político que existe no concello de Burela, onde o alcalde é incapaz de poñer orden entre os dous gobernos muncipales e incluso dentro do mesmo grupo socialista”. Investir 23.587’40€ para cambiar un alumiado que tén sete anos, na Praza do Concello, ademais de derroche é unha burla á cidadanía, que non entende como, coa que está caendo, se pode actuar así.

O PP reitera a petición de establecer un plan de austeridade para racionalizar o gasto, porque “gastando como se está gastando, tan alegremente, non se entende que non haxa subvencións a asociacións e que non se pague ós clubes deportivos con convenios”.

Exit mobile version