Site icon Crónica3.com A Mariña

No PP de Foz “moi satisfeitos” polo compromiso de Portos para dragar a dársena e o acceso a Porto Chico

Nota de Prensa

Unha vez máis un Goberno popular cumpre o que o bipartito prometeu e non tivo vontade para levar adiante

Os populares de Foz “moi satisfeitos” polo acordo acadado con Portos de Galicia para o dragado da dársena portuaria e do acceso ao Porto Chico, entre outros.

Foz, a 5 de agosto de 2010.- “Unha vez máis o Goberno do Partido Popular de Galicia cumpre con Foz o que o Executivo bipartito e a Alcaldía prometeron e non tiveron vontade nin ganas para levar adiante e agora din que o proxecto estaba xa para facer ” non sabemos onde – con esta frase contundente o voceiro do grupo municipal popular, Pedro Fernández Manín, amosa a satisfacción da súa formación política tras o acordo acadado con Portos de Galicia para o dragado da dársena portuaria e do acceso ao Porto Chico.

“Temos que felicitarnos ante unha boa nova que ademais supón unha resposta plenamente satisfactoria a unha demanda moi xustificada e lexítima do sector náutico e pesqueiro de Foz”- explica o voceiro popular, tras recordar ademais que “mentres a Alcaldía se ten convertido nun instrumento de queixa permanente, incapaz de xestionar servizos ou actuacións en beneficio dos veciños, estes saben que o Partido Popular cumpre o que promete”.

Os populares de Foz lembran que o Goberno presidido por Alberto Núñez Feijóo, con pouco mais dun ano de mandato, ten adxudicada a tan aireada traída de auga para Foz, posto en servizo a ambulancia medicalizada, -a UVI móbil-, con base de operacións no centro de saúde local “e nun tempo record”, mellorando significativamente a atención médica urxente en plena época estival ademais do reforzo con un medico en atención primaria no centro de saúde de Foz. Agora tamén é a Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, quen fai realidade unha reivindicación histórica, “e mentres outros vendían fume – en referencia a PSOE e BNG- nos vendemos compromiso, xestión e realidade”. Pedro Fernández insiste en que se empeza a notar as xestións que se están a realizar desde os Populares de Foz, e que “coa derrota do bipartito en Galicia rematou o tempo dos incumprimentos con Foz, algo que demostramos e demostraremos ao longo desta lexislatura”.

Exit mobile version