Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP de Foz quere que o concello inste ao Ministerio de Política Territorial a que deixe sen efecto a liquidación negativa

Nota de Prensa

Os populares de Foz rexistraron unha moción para o seu debate no próximo Pleno ordinario, instándolle ao Ministerio de Política Territorial a que deixe sen efecto a liquidación negativa que obriga a efectuar este reintegro

O Alcalde está  ausente ante un novo mazado do Goberno de Zapatero que require ao concello de Foz a devolución de preto de 193.000 euros

* García Rivera tan dado á  incontinencia verbal, cala mudo, submiso e obediente ante as instrucións do partido socialista, aínda que como neste caso as imposicións do PSOE colisionen frontalmente contra os intereses dos veciños de Foz.

* Os populares emprazan ao Goberno municipal  a que explique que partidas orzamentarias reducirá  e que servizos municipais recortará para facer fronte á  devolución dos cartos: ¿educación, benestar, deporte, limpeza, etc?

Foz, 13 de maio de 2010.- O Partido Popular de Foz, a través do seu portavoz, Pedro Fernández Manín, rexistrou unha moción para o seu debate no vindeiro Pleno ordinario de setembro, propoñendo que o pleno tome o acordo de instar  ao Goberno central (Ministerio de Política Territorial) a deixar sen efecto a liquidación negativa dos orzamentos locais de 2008 pola que se obriga ao Concello de Foz á devolución ao Estado de preto de 193.000 euros.

Esta enorme cantidade de diñeiro -superior aos 32 millóns das antigas pesetas- afogaría ás xa de por si maltrechas arcas municipais moi mermadas tamén polas reducións operadas tras os recortes das transferencias procedentes do Estado, e que no 2009 contabilizaron unha perda de 147.000 euros.

ALCALDE AUSENTE

Ante esta situación os populares acusan ao Goberno municipal e, nomeadamente ao sr.  Alcalde, de estar ausente, incapaz de criticar unha medida que sen dúbida repercutirá na calidade e eficiencia dos servizos públicos que presta o Concello de Foz. “Submiso e obediente ás intrucións do partido socialista, aínda que como neste caso colisionen dun xeito frontal cos intereses dos veciños de Foz, José María García Rivera cala mudo, ante o intento de Zapatero de afogar ao Concello e de facer pagar aos entes locais a súa incompetencia na xestión da crise”

ERRO DE ZAPATERO QUE PAGAN OS CONCELLOS

Fernández Manín explica que esta a obriga de devolver diñeiro ao Estado  produciuse como consecuencia da falla de previsión do propio Goberno central que, empeñado en negar as consecuencias da crise económica, presentou no ano 2008 uns orzamentos cunhas previsións de ingresos que estaban moi lonxe da realidade.  “Agora, no peor momento da crise económica e ó tempo que experimentan unha notable baixada dos seus ingresos, os concellos van a verse obrigados á devolución de importantes cantidades como consecuencia dos erros do goberno do Sr. Rodríguez Zapatero”.

Os populares insisten en que a reclamación efectuadas polo Goberno socialista neste momento podería poñer en risco o mantemento dos servizos públicos de titularidade local. Por iso emprazan ao Alcalde a explicar cales serán as partidas orzamentarias que se verán reducidas ante a necesidade de devolver estes cartos e, particularmente cales son os servizos que se verán recortados: “¿educación, benestar, deporte, limpeza,… que nos diga onde darán o tixeiretazo?”

GARCÍA RIVERA NON DA A TALLA

O voceiro do PP de Foz lembra finalmente que esta non é a primeira vez que o Sr. Alcalde se prega aos intereses de partido incapaz de defender aos veciños. Xa aconteceu de xeito similar cando o Grupo Socialista en Pleno, e por suposto tamén o señor Alcalde, negouse a apoiar unha moción na que reclamábamos que o goberno que dirixe o Sr. Zapatero non recortara as transferencias do Estado que lles correspondían a os concellos, e entre eles o de Foz. Nin nesa ocasión, nin agora, o Sr. García Rivera deu a talla na defensa dos seus veciños”, pero si sempre di aos demais grupos políticos que o primeiro son os veciños, e el fai todo o contrario .

Exit mobile version