Site icon Crónica3.com A Mariña

O precandidatos á presidencia de NNXX na provincia de Lugo terán que acadar o apoio de 40 afiliados

NOTA DE PRENSA
O Comité Organizador impulsa os preparativos do congreso e puxo a disposición dos que queiran presentar a súa candidatura a folla de recollida de apoios
OS PRECANDIDATOS Á PRESIDENCIA DE NNXX NA PROVINCIA DE LUGO TERÁN QUE ACADAR A SINATURA DE APOIO DE 40 AFILIADOS

* O obxecto principal do congreso, que se celebrará o sábado 18 de setembro na cidade de Lugo, será elixir unha nova dirección provincial das mocidades do PP.

Lugo, 24 de agosto de 2010.- Desde as 12 horas de hoxe, martes 24 de agosto, e cumprindo os tempos establecidos no calendario congresual, os precandidatos á presidencia de Novas Xeracións na provincia de Lugo dispoñen na sede de Ramón Montenegro (Lugo cidade) das follas de recollida de apoios imprescindibles para formalizar a súa candidatura. Aqueles que aspiren a presidir a organización das mocidades do Partido Popular na nosa provincia deberán acadar como mínimo a sinatura de 40 afiliados desta organización de calquera dos concellos lucenses.

O Comité Organizador do Congreso (COC), que preside o lucense Carlos Díaz Bande, impulsa os preparativos deste conclave que terá lugar na cidade de Lugo o sábado 18 de setembro. Desde o COC explican que os precandidatos teñen ata o 30 de agosto para acadar as sinaturas de apoio, é un día despois, unha vez comprobadas, formalizaranse oficialmente as candidaturas. O obxectivo do Congreso das Novas Xeracións na provincia de Lugo é elixir unha nova dirección provincial das mocidades do PP.

Exit mobile version