Site icon Crónica3.com A Mariña

O Puteu Bravo, gañou o torneo de fútbol praia sub-16 que organizou o Burela FS

BURELA .- O equipo Puteu Bravo, de Burela, foi o gañador do torneo de fútbol praia sub-16 disputado no areal do Portelo esta semana, baixo a organización do CD Burela FS e en colaboración co Concello de Burela.

Os anfitrións impuxéronse na final por 2-1 ao campión de 2009, o Atlético Lucense, da localidade veciña de Foz. Tamén participaron no torneo os burelaos Pery and Company, que se fixo co terceiro posto, e Laranxa Mecánica, que quedou cuarto.

FÚTBOL PRAIA SUB- 16 “PRAIA URBANA DE BURELA”

EMPARELLAMENTOS

FASE DE GRUPOS
Equipo 1: PUTEU BRAVO
Equipo 2: ATLÉTICO LUCENSE
Equipo 3: LARANXA MECÁNICA
Equipo 4: PERY AND COMPANY

HORA PARTIDOS DO MARTES RDO.
16:00 Equipo 1 vs. Equipo 3 Puteu Bravo-Laranxa Mecánica 5-1
16:40 Equipo 2 vs. Equipo 4 Atlético Lucense-Pery and Company 4-2
17:20 Equipo 2 vs. Equipo 3 Atlético Lucense-Laranxa Mecánica 4-1
18:00 Equipo 1 vs. Equipo 4 Puteu Bravo-Pery and Company 2-1

HORA PARTIDOS DO MÉRCORES RDO.
16:00 Puteu Bravo-Atlético Lucense 1-2
16:40 Laranxa Mecánica-Pery and Company 1-3
17:20 1ª SEMIFINAL ( Atlético Lucense-Laranxa Mecánica) 4-2
18:00 2ª SEMIFINAL (Puteu Bravo*-Pery and Company) 2-2
18:40 FINAL: Puteu Bravo-Atlético Lucense 2-1

*Gana por penaltis

Exit mobile version