Site icon Crónica3.com A Mariña

O soterramento da liña de FEVE plantexado polo alcalde de Burla foi idea do PP, aseguran

Nota de Prensa

Barcia: “Cando dimite Cando por mentir?”.

O portavoz popular cré que Cando non pode estar no goberno burelés.

O soterramento da liña de FEVE plantexado polo alcalde, foi idea do PP hai máis de tres anos.

O portavoz do Grupo Municipal Popular (GMPP) de Burela, José María González Barcia, asegurou hoxe que Nieves Cando “tén tanta indecencia política que hasta chega a mentir e usar cuestións enormemente sensibles con tal de sacar rédito político, o que demostra a súa incapacidade para resolver problemas e a súa condición de ‘política tabernaria’, visto o ridículo que acaba de facer hai uns días coas súas declaracions sobre as autopsias, e a pregunta que hai que facerse é: ‘Cando dimite Cando por mentir?’, porque se colle antes a un mentiroso ca un coxo”.

Barcia dixo que “é bon que os cidadáns de A Mariña coñezan quen é esta señora, porque en Burela xa a coñecemos: é a concelleira que deixou sen subvencións ás asociacións culturais da localidade, concelleira que é casualmente a que tarda nove meses en pagar as axudas dos corenta euros, que tamén é a que paga a metade do prometido ós clubes con escolas deportivas cando xa comenzou a temporada seguinte, pero que casualmente é a concelleira que despilfarrou en 2009 cáseque sesenta millóns das antigas pesetas en gastos de mui difícil xustificación e que, ainda que non dá subvencións ás asociacións de Burela, págalle unha factura de 522’00€ ós seus amigos de EMUGA (esa asociación que xestionará os cartos da emisora municipal) por algo que non coñecemos”.

E agora, esta concelleira, Nieves Cando, alcaldesa da metade do desgoberno de Burela, comete a indecencia, xa non política, senon moral, de mentir sobre as autopsias. A impresión é que só vai ó concello a cobrar e a manipular, porque estando no concello como di que está resulta que non  se entera de nada do que pasa no pobo. Ela, que tanto fala dos demais, resulta que nos temas importantes non se entera de nada e fala de oídas. Nós xa lle dixemos no últimpo pleno que é unha persoa manipuladora, e agora temos que decir que ademais de eso non é de fiar: unha persoa que minte é capaz de calquera cousa, e esa persoa non pode estar gobernando un concello coma Burela. Se tivese decencia política, que non a tén, debería dimitir inmediatamente, e eso é o que lle pedimos desde o PP. Non nos queremos nin imaxinar que diría se os que mentisen fósemos do PP.

PROXECTO DO ALCALDE PARA FEVE.

O portavoz do GMPP, José María González Barcia, manifestou a súa satisfacción polas peticións que o alcalde de Burela lle vén de facer ó Presidente de FEVE sobre os arranxos na Estación e o posible soterramento da liña de ferrocarril. Pero, a xuizo de Barcia, “o alcalde debería recoñecer publicamente que ese proxecto estaba incluido dentro do programa de goberno do PP das eleccións municipais de 2007, idea que o PSOE rexeitou no seu momento por considerala irrealizable. Agora parece que lles gusta a idea, pois se lles gusta non debería ser tan mala no  seu momento, e tampouco pasaría nada por decir que a idea foi do PP”.

González Barcia manifestou que “esto demostra que o alcalde non tén nin proxecto de Burela nin proxectos para Burela, e tén que recurrir ós proxectos que outros incluimos no noso programa electoral. É máis, a nove meses das eleccións, comenza a falar de futuro para Burela, e nós preguntámonos, ¿que fixo nestes trinta e nove meses nteriores?”

Exit mobile version