Site icon Crónica3.com A Mariña

Os participantes das actividades Gaia visitan o Barco Museo no porto de Burela

NOTA DE PRENSA:
OS RAPACES QUE PARTICIPAN NAS ACTIVIDADES DE GAIA VISITARON O BARCO MUSEO REINA DEL CARMEN.

Burela, 23 de agosto de 2010. As monitoras do Centro de Educación Medioambiental Gaia e os alumnos que participan nas súas actividades visitaron o barco museo Reina del Carmen de Burela. Segundo explican Mª José Cao e Begoña Romo “os alumnos atenderon as explicacións de Julio e coñeceron un pouco mais da vida do mar, cómo e con qué se pesca e como é a vida nunha xornada de pesca dos mariñeiros abordo do barco. Para rematar Julio enseñoulles a facer un par de nudos mariñeiros e tamén o significado das bandeiras”.

Con estas actividades as monitoras Maria José Cao e Begoña Romo intentan que “os nenos coñezcan de primeira man os recursos que temos no noso pobo. Ao longo de todo o verán visitaron as fontes de Burela, a nave de redes, o arquivo histórico da cofraría de pescadores, limpiaron unha praia, etc… e os máis pequenos realizaron talleres de reciclaxe con materiais de refugallo, obradoiros de barro, volaron cometas, xogaron co paracaidas, limpiaron o parque e plantaron plantas”.

Exit mobile version