Site icon Crónica3.com A Mariña

O concurso fotográfico Festa da Faba de Lourenzá require 4 fotos por participante como un mínimo

NOTA DE PRENSA

Hoxe luns día 9 de agosto tivo lugar a presentación do XIV Concurso Fotográfico Festa da Faba

No acto estiveron presentes o alcalde de Lourenzá – D. Vidal Martínez Sierra, a concelleira de Medio Rural – Dª Emma Alvarez Chao e o xerente de Hermida Muebles – D. Angel Hermida, como patrocinador da edición deste ano.

Os concursantes deberán presentar un mínimo de 4 e un máximo de 6 fotografías cuns tamaños que oscilan entre os 20×25 cm ata un máximo de 30×40 cm, tanto en branco e negro ou en cor, debendo estar todas as obras identificadas. Os traballos poderán presentarse ata o 17 de setembro e os premios que se repartirán serán de 500 euros para a serie: Libre Lourenzá e 200 euros para a serie: Libre.

O mencionado Concurso está organizado polo Concello de Lourenzá e patrocinado pola empresa Muebles Hermida

Exit mobile version