Site icon Crónica3.com A Mariña

Segundo o PP de Burela o alumeado do Cantiño segue apagado

NOTA DE PRENSA

O alumiado do paseo marítimo do Cantiño, segue apagado e perigoso, segundo o GMPP.

Luis Miguel Pedre e Cristóbal Edrosa piden que se arranxe de inmediato ou se retire a instalación.

Os edís populares acusan ó alcalde de “politicamente torpe por non xestionar con Costas a solución ó problema”.

O Grupo Municipal Popular (GMPP) de Burela, a través dos seus concelleiros Luis Miguel Pedre Díaz e Cristóbal Edrosa Fernández, pediulle hoxe ó alcalde que “de inmediato se arranxen os problemas existentes no alumiado público do Cantiño, un alumiado que permanece apagado e coa súa instalación á vista, o que o convire en perigoso”.

Os edís populares consideran que “o alcalde tén demostrado neste asunto unha absoluta torpeza política, porque esta obra fíxoa a Dirección Xeral de Costas e estamos seguros que, de plantexarlles o problema con seriedade e rigor, Costas procedería a buscar unha solución óptima”.

Pedre e Edrosa lembraron que “este paseo foi feito por Costas cun goberno municipal do PP. O investimento de Costas en Burela foi sempre importante, pero nestres tres últimos anos tal investimento reduciuse considerablemente. Tanto é así que Costas non tén feito ningún investimento en obra nova.”

Por eso, os edís do PP acusan ó alcalde de “facer anuncios de investimentos de Costas, e tamén de non verse ningún; só cabe destacar a celeridade na actuación para taponar o socabón da praia de A Marosa por mor das inundacións, pero nada máis. Tanto é así, que a última obra nova feita por Costas no termo municipal de Burela foi o acondicionamento de rutas peonís e de sendeirismo entre a praia de A Marosa e a de Rueta, licitada e adxudicada por Costas cando o PP estaba no goberno municipal de Burela.”

Pero agora, segundo Pedre e Edrosa, “non se trata de facer obra nova coa situación de crise que estamos a vivir. O que se trata é de arranxar o alumiado do paseo marítimo do Cantiño ou retirar a instalación do mesmo, porque o exemplo que se está a dar é desastroso”. E lembran que “sobre esta cuestión o GMPP fixo preguntas en diversas sesións plenarias atopando sempre a mesma resposta por parte do alcalde: xa falamos con Costas e en breve estará arranxado, ou sexa, a típica e tópica leria do alcalde, que xa é coñecido entre a cidadanía de Burela pola súa inoperancia.”

Exit mobile version