Site icon Crónica3.com A Mariña

Temas pendentes en Lourenzá

No lugar de Adellao, San Xorxe, en Lourenzá, hai unha estrada de acceso, que é ben estreita, e dende hai tempo non rozan as súas beiras, cheas de herba e silvas. Pasa un turismo, e se ven outro de frente, onde se aparta, que fai?
A quen compete ter limpa a estrada? Outra cousa, hai unha arqueta sen tapa, nesa estrada, xa perto das casas, que supón un perigo. No concello coñecen o asunto, e aínda non fixeron nada. A que esperan, a que pase algo grave?
Tampouco fixeron nada para protexer o deposito de auga que hai na fonte de Adellao, seguen sen ter idea de como facelo? Ay, qué país!

Moncho

Exit mobile version