Site icon Crónica3.com A Mariña

Torneo de fútbol 7 de peñas barcelonistas e churrascada

NOTA DE PRENSA:
Torneo de fútbol 7 de peñas barcelonistas e churrascada.
A peña barcelonista San Miguel, organiza un torneo de fútbol 7 de peñas barcelonistas e unha churrascada para o sábado 4 de setembro.
O torneo empezará ás 9.30 horas e nel participarán as peñas barcelonistas da zona, tanto de Galiza como de Asturias. Celebrarase unha primeira fase de liguilla e outra fase de eliminatorias ata chegar á final.
Ó remate deste torneo, sobre as 14.30 h., celebrarase unha churrascada á que poden asistir todo-los afeccionados en xeral.
O menú consistirá en entrantes, churrasco, criollos, tortilla, postre, café e chupiños.
O prezo por asistente é de 12,00 € e o prazo para apuntarse remata o día 31 de agosto.
Para máis información, pódense dirixir a Jose 649 57 13 60, asi como para solicitar ínformación sobre o funcionamento da peña ou para facerse socios.
Estas actividades celebraránse no campo de fútbol de As Valgas, de San Miguel de Reinante, e a entrada para presencia-los partidos é gratuita.
A peña, para este ano ten programadas varias viaxes para ir ve-lo Barça en directo, entre elas A Coruña, Xixón e Pamplona, ademáis de 2 ceas e varias xuntanzas para ve-los partidos por TV.
Animan a todo-los afeccionados da zona a participar neste día de barcelonismo e de irmandade entre as peñas.

Exit mobile version