Site icon Crónica3.com A Mariña

Un fallo nas bombas da depuradora ocasionou un verquido na praia de Arealonga, en Barreiros

Nota de Prensa

UN FALLO NAS BOMBAS DA DEPURADORA DE AREALONGA OCASIONOU UN PEQUENO VERQUIDO NA PRAIA. O CONCELLO SUBLIÑA QUE NON HAI NINGÚN RISCO PARA O BAÑO NO RESTO DO AREAL.

Barreiros, 21 de agosto de 2010. Un fallo nas bombas da depuradora de Arealonga ocasinou un pequeno verquido na praia. O Concello, que decidiu retirar provisionalmente a bandeira azul, subliña que non hai ningún risco para o baño no resto do areal.

O rexedor, Alfonso Fuente, explicou que “por precaución, dado que hai moita xente nas praias e xa que vimos arrastrando unha serie de problemas na depuradora de Arealonga, en Reinante, e vendo que ía algo de verquido cara o regato o que se fixo foi baixar a bandeira azul polo compromiso que hai con Adeac e balizouse toda a saída do regato para que a xente non se sitúe nesa zona da praia”.

Fuente Parga recalcou que “é importante destacar que non hai ningún problema nin risco para o baño. Estamos a vaciar as balsas da depuradora e levamos ese verquido cara outras depuradoras para que non se produzan problemas. Todo xurdiu nunhas bombas que viñan fallando estes días e hoxe pararon completamente e entón detectamos como saía ese verquido ao regato. Insisto non hai ningún risco para o baño, pero ao existir un pequeno verquido retiramos a bandeira azul e procedemos ao vaciado das balsas”.

O alcalde de Barreiros agarda que “todo estea solventado o vindeiro luns”.

Exit mobile version