Site icon Crónica3.com A Mariña

Unha senadora do PP alerta que Viveiro deberá abonar 314.135 euros polos adiantos recibidos no 2008

Nota de Prensa

A dirixente popular teme que se vexa aínda máis comprometida a feble situación económica municipal e que os recortes previstos e as devolucións obrigradas repercutan na prestación de obras e servizos por parte do Concello.

A SENADORA GUEIMUNDE ALERTA: “VIVEIRO PERDE SOLVENCIA E PRESTIXIO CÓ GOBERNO SOCIALISTA DE ZAPATERO”

O tixeirazo de ZP nas transferencias do Estado ó concello viveirense nun 9,64%, e a devolución obligada dos 314.135 euros adiantados no 2008, agravarán a situación económica municipal e afectarán con iso á oferta de servicios procurados polo concello.

A política popular solicita un aplazamento do Executivo para a devolución dos cartos.

A Mariña,6 de Agosto do 2010.-  A senadora do Partido Popular, Maria del Carmen Gueimunde deu a voz de alerta despois de coñecerse que o Concello de Viveiro deberá abonar 314.135 euros polos adiantos recibidos no 2008 estimados a partir da recaudación de impostos previstos para esta anualidade polo Ministerio de Economía e Facenda. As cantidades, que se revisan cada dous anos, cotéxanse cos datos reais derivando nos desfases feitos públicos agora polo Estado, e que provocan unha profonda crise nas xa deterioradas arcas do concello.

Esta devolución, mais o xa anunciado recorte de 243.616,70  euros  no financiamento local viveirense previsto polo Goberno socialista de Zapatero para este exercicio, xunto coa diminución das partidas destinadas ao FEIL 2010 respecto ós anos anteriores, deixan nunha situación moi comprometida ó concello, que sen ter previsto este gasto non dispon de vías de financiamento.

A inquietude por esta situación amplíase ante a expectativa de que os cartos que deberán retornarse ás arcas do Estado polos adiantos do exercicio 2009 será aínda máis cuantioso que os do 2008. Tendo presente ademais, suliña Gueimunde, que as devolucións afectarán igualmente a cada un dos concellos da provincia, que en conxunto terán que reembolsar algo máis de cinco millóns de euros, non cabe dúbida de que o futuro destes municipios e da provincia no seu conxunto non estará garantizado polo goberno socialista.

“O Goberno de Zapatero, co lucense José Blanco como brazo executor, paraliza ou retrasa a construcción de infraestructuras básicas para Lugo que son da súa competencia, convertindo á nosa provincia na máis perxudicada de Galicia polos seus recortes orzamentarios, e por si eso fora pouco, agora reclama os adiantos realizados a cargo das transferencias”, explican dende o PP.

O Goberno de Zapatero non fai máis que sumar recortes sobre recortes, reitera a popular, froito da súa nefasta xestión económica. E “traspasa a súa incompetencia ó resto das administracións, que terán que pagar e sofrir os seus erros e que, en última instancia, perxudicarán de xeito notorio a todos e cada un dos veciños do noso concello”.

“Zapatero e o seu goberno non fai máis que afogar cada día un pouquiño máis ós lucenses, demostración evidente da sua desidia e despilfarro económico de case duas lexislaturas” engade Gueimunde.

A dirixente popular remata solicitando un aplazamento do Executivo socialista central por canto teme que a devandita devolución comprometa aínda máis a xa de por sí complicada situación económica municipal, e repercuta na prestación de obras e servizos por parte do Concello

Exit mobile version