Site icon Crónica3.com A Mariña

Valadouro adica sete días a celebrar a XXV Semana do Teatro Afeccionado

Nota de Prensa

XXV Semana do Teatro afecionado en O Valadouro

Fai 25 anos que un de veciños de O Valadouro se xuntaron, alá polo ano 85, para facer algo novo, distinto e estar todos xuntos e así, deste xeito, nacía o grupo de teatro que sería o fermento do que máis tarde sería unha das de tantas actividades que se facían por aqueles anos na vila de Ferreira dentro da Asociación Cultural Amado Lar.
Deste xeito, e dentro deses vintecinco anos que se leva facendo teatro en Ferreira de O Valadouro, este ano celébrase o aniversario cuns actos un pouco especiais. Así, a semana do teatro afecionado de Ferreira escomeza o luns 30 de Agosto ás 21:45 horas da noite, un horario especial, coa introdución ó teatro que nos vai a facer o dramaturgo e fillo predilecto de O Valadouro, Manuel Lourenzo. Acto seguido, a gran estrea da semana, o grupo teatral Raiolas inauguran as xornadas estrenando a súa última obra “O Gran Raiolo” unha obra de Pepe Peinó.
O seguinte, martes 31 de Agosto de 2010 esta vez ás 22:00 horas, o grupo teatral asturiano de Castropol El Cioyo vainos a presentar nas taboas de Ferreira a obra “Mi Mujer Es El Fontanero” de Hugo Marcos.
Cambiamos de mes e de grupo e volvemos cun dos grupos máis asiduos á semana do teatro de Valadouro, referímonos ó grupo de Fazouro A Adala que esta vez nos trae unha obra de Paco Piñeiro titulada “Ilusións”. Será o mércores, 1 de Setembro ás 22:00 horas.
Seguinte xornada, tócalle o turno ó grupo teatral afincado en Cervo O Bordelo que nos escenificará a última obra de Francisco Piñeiro “Qintana Dos Vivos, Anguria Dos Orfos”. O Xoves 2 de Setembro de 2010 ás 22:00 horas.
A cuarta xornada da semana do teatro de O Valadouro tócalle o turno ó grupo vilarontá de Axouxeres que nos representará “Farsa á escocesa” “Matrimonio seculo XXi” obras adaptadas de R. Sarmiento o venres 3 de Setembro ás 22:00 da noite.
A última xornada adicada ó teatro afecionado nestas xornadas tócalle ó grupo Irmáns Vilar Ponte de Bravos – ourol levar á escena a súa obra: “Os apuros dun zapateiro”. Vai a ser o sábado 4 de setembro ás 22:00 horas.
Os seis primeiros días da semana do teatro de O Valadouro vai a estar adicado ás escenifcacións que maioría dos grupos de teatro da Mariña nos van a traer ata esta XXV edición da semana do teatro afecionado de Ferreira. E. como dí o dito, ó sétimo día tocou descansar… polo que o adicamos a aquela xente que fai vintecinco anos fixeron a súa escenificación na praza de santa maría de Ferreira e que este ano se quere recuperar proxectándoa, un pouco como homenaxe ó teatro feito daquela case sen medios e por amor ó arte. Por este motivo se programa, dentro da XXV semana do teatro de Valadouro, a primeira obra “O testamento do tio Nacho” feita pola agrupación teatral da asociación cultural Amado Lar proxectandoa o domingo 5 de setembro, pero esta vez ás 21:00 horas.

Os sete días da semana do teatro de Valadouro van a lugar no Salón de Actos da Casa da Cultura de Ferreira de O Valadouro.

Esta actividade está organizada pola delegación de cultura do concello de O Valadouro.

Exit mobile version