Site icon Crónica3.com A Mariña

Zascandil

Antes de empezar a dar soba, quero poñer claro o que di o dicionario encol de ZASCANDIL: Home informal, enredador, que non para quedo en ningún sitio: non sentará cabeza nunca porque é un zascandil.

Pois cando non hai ideas nin proxectos para demostrar no Parlamento que existe unha alternativa coherente e razoable, todo vale e, calquera pillo é capaz de saltar ó rodo do verán, para demostrar ó seu xeito o agarimo a sua ESPAÑA¡¡¡.

Desta forma o patriota, que no seu momento foi capaz de cambiar o nome a ETA, para negociar co “Grupo armado de liberación Vasco” e dicir máis tarde que o seu goberno nunca negociou con ETA, ponse en marcha para zascandilear por Melilla.

Trátase do mesmo que non dubidou en lucir, perante a voda da súa filla, xunto aos coleguillas agora procesados polo caso Gürtel.

Nada menos que o Presidente dun Goberno que xunto ao seu ministro Trillo, fora capaz de entregar os corpos dos soldados españois mortos en acto de servizo, nun accidente claramente evitable, sen identificar, facilitando a unhas familias restos alleos.

O tipo que non tivo nada que obxectar sobre o aborto durante o seu mandato, para logo rasgarse as vestiduras.

Quen trataba de colocarse unha medalla en Estados Unidos, pagando a xestión “meritoria” con diñeiro dos cidadáns españois.

O espécime que tanto utilizaría como argumento electoralista o caso GAL, pero que cando o xeneral Sáenz de Santa María anunciou que acudiría á Comisión de Investigación, creada no Parlamento para aclarar a orixe dos GAL, para dicir clara e rotundamente canto en función do seu cargo coñecía, decidiu suspender a comisión ao entender que a verdade non se axustaba ó seu guión.

O señorito que non dubidou en ser protagonista e participar nunha guerra, en contra das resolucións de Nacións Unidas, co argumento dunhas armas de destrución masiva, que os seus propios aliados recoñeceron como mentira.

O mesmo mentireiro que tras o acto terrorista máis tráxico sucedido en España o 11 M, tratou de manipular sen escrúpulo algún, en beneficio do seu partido e o seu propio, por iso de que a conciencia xoga malas pasadas, mantendo, unha vez que xa estaba claro a orixe Islamita do atentado, que fora obra do “Grupo armado de liberación Vasco”, coñecido polo resto de españois como ETA.

Ese personaxe tan recoñecido e admirado por algúns, interrompe as vacacións para zascandilear por Melilla, localidade que, precisamente, non visitara perante os seus oito anos de Presidente de Goberno, por iso de “apoiar” á súa querida ESPAÑA¡¡¡.

Otero Regal

Exit mobile version