Site icon Crónica3.com A Mariña

A asociación cultural Arrincadeira está a fotografar o patrimonio etnográfico do concello de Riotorto

Nota de Prensa

CO GALLO DA CELEBRACIÓN OS PASADOS 24 E 25 DE AGOSTO DAS FESTAS EN HONRA A SAN BARTOLO DE ESPASANDE DE ABAIXO (RIOTORTO) A A.C. ARRINCADEIRA ORGANIZOU UNHA ESPOSICIÓN FOTOGRÁFICA PROCEDENTE DO FONDO “RIOTORTO NO TEMPO” (www.riotortonotempo.org) SOBRE A HISTORIA DESTAS FESTAS E DO PATRIMONIO DA FREGUESÍA

As festas do San Bartolo, o Entroido, as antigasescolas, as mallas oua tradición dos ferreirosforman parte da temática destasfotografías.
Imaxesque xeneran recordos mo iqueridos non só para os veciños de Espasande senón tamén para os de Riotorto, que o día de San Bartolo pechaban os seus negocios para vir de merenda a esta festa, que tiñan tamén como súa.
Fotógrafos como Villada de Aldurfe, O Queitano, Lombardero de Meira, Angel das Rodrigas e Teodoro de Chacínnon faltaban a estas citas inmortalizando coas súascámaras momentos que agoratemosa oportunidadede revivir.
Coa axudada área de cultura da deputación de Lugo a asociación cultural Arrincadeira está a fotografa ro patrimonio etnográfico do concello de Riotorto cofin de completar un catálogo o máis exhaustivo posible.
Expomos aquí un adianto coas imaxes que o fotógrafo Hixinio Flores Rivas fixo nestas terras durante os últimos meses.
O noso agradecemento a todos os veciños que colaboraron para que esta mostra sexa posible.

Exit mobile version