Site icon Crónica3.com A Mariña

A CIG ensino da Mariña convoca ao profesorado en prácticas a asembleas informativas en Burela

Nota de Prensa

A CIG ENSINO DA MARIÑA CONVOCA  AO PROFESORADO EN PRÁCTICAS A ASEMBLEAS INFORMATIVAS

Ribadeo, 14 de setembro de 2010.- A CIG Ensino convoca a todo o profesorado en prácticas, tanto de primaria como de secundaria, a asembleas informativas que se celebrarán no local da CIG de Burela. A charla informativa para o profesorado de primaria será este xoves, día 16, ás 19:00 horas mentres que a asemblea do profesorado de secundaria será o próximo xoves, día 23, tamén ás 19:00 horas.

A CIG Ensino con estas charlas informativas pretende informar a todo o profesorado que acaba de acceder á función pública dos pasos a seguir a partir de ser nomeado funcionario, así como dar a coñecer as reivindicacións do sindicato nacionalista centradas na defensa dun ensino público, galego, laico, gratuíto e democrático.

Exit mobile version