Site icon Crónica3.com A Mariña

A Concellería de Cultura de Xove promociona os bolos entre o alumnado do IES Illa de Sarón

Nota de Prensa
XORNADAS DE PROMOCIÓN DOS BOLOS PARA OS ALUMNOS/AS DO IES ILLA DE SARÓN

Un ano máis, e antes de comezar a XXIIª Tirada de Bolos Concello de Xove, o Concello de Xove, a través da súa Concellería de Cultura, xunto co IES Illa de Sarón de Xove, organizan unhas XORNADAS destinadas a promocionar o xogo dos bolos entre os alumnos/as da ESO do IES Illa de Sarón.
Estas Xornadas véñense celebrando dende hai varios anos, contándose para o mesmo, como xa dixemos, coa colaboración do IES, máis concretamente co profesor Xavi Bouza Criado, profesor de Educación Física de Secundaria do IES.
Polas Xornadas van pasar tódolos alumnos/as do IES, e nas mesmas se lles van explicar os fundamentos deste xogo autóctono, e todos terán, asimesmo, a oportunidade de xogar.
As xornadas van ter, polo tanto, unha doble vertente, con explicacións teóricas a cargo do Técnico de Cultura Mario Eijo, e unha parte práctica a cargo dos xogadores: Modesto Albo, un xove xogador de 81 anos e José Baño, quenes se van a encargar de explicarlles de forma práctica como se tira, como hai que coller a bola, etc.
O programa destas Xornadas, que se vai desenvolver mañá martes, 28 de setembro, é o seguinte:

-MARTES, 28 DE SETEMBRO
DE 9:50 A 10:40 HORAS
18 ALUMNOS/AS DE 4º DE ESO
-MARTES, 28 DE SETEMBRO
DE 10:40 A 11:30HORAS
16 ALUMNOS/AS DE 2º DE ESO.
-MARTES, 28 DE SETEMBRO
DE 12:50 A 13:40 HORAS
19 ALUMNOS/AS DE 1º DE ESO
-MARTES, 28 DE SETEMBRO
DE 13:40 A 14:20 HORAS
14 ALUMNOS/AS DE 3º DE ESO

O lugar onde se van desenvolver estas Xornadas é a BOLERA DO CAMPO MUNICIPAL DE FÚTBOL DE XOVE, dado que está ubicado practicamente ao lado do IES Illa de Sarón.

O obxectivo destas Xornadas, amáis da promoción deste deporte en sí, é o de incorporar novos xogadores/as á Liga de Bolos Municipal, dado que hai uns anos tivemos un baixón no número de xogadores ao retirarse moitos dos vellos xogadores e non haber relevo; debido a isto, o Concello hai 11 anos decidiu crear unha Liga Sub 18 co fin de ir preparando xogadores/as que puideran cubrir as vacantes producidas polas citadas retiradas de vellos xogadores.
Loxicamente, por idade, o mellor sitio onde se poderían atopar novos xogadores sería o IES, dado que os alumnos/as da ESO teñan unha idade ideal para comezar neste xogo.
Dende o Concello só nos queda agradecerlle ao IES toda a colaboración prestada na organización destas Xornadas.

Exit mobile version