Site icon Crónica3.com A Mariña

A Deputación pacta cos sindicatos os servizos mínimos previstos para a folga xeral do 29S

Nota de prensa:
A Deputación pacta cos Sindicatos os servizos mínimos previstos para a folga xeral de mañá

– A proposta aprobada por maioría establece estes servizos en 105 traballadores, o 14% do total do persoal laboral que depende da institución provincial

– Como previsión, o 21 de setembro comunicóuselle ás Centrais Sindicais, Xunta de Persoal e Comité de Empresa, os criterios previstos para este día, os mesmos que se seguiron na convocatoria de xuño e que foron aceptados polas forzas convocantes

A Deputación pacta coas forzas sindicais maioritarias UXT, CCOO e CIG, os servizos mínimos para a folga convocada para mañá martes como rexeitamento á nova reforma laboral. A proposta do organismo provincial, que foi aprobada por maioría, establece estes servizos en 105 traballadores, o que representa o 14% do persoal laboral que depende do organismo provincial.

Deste xeito, 39 funcionarios acudirán a traballar ó Pazo de San Marcos, 10 ó Insituto de Desenvolvemento Económico e Social (INLUDES), 24 ó hospital de San José e 32 ó de San Rafael.

Como previsión a este día e tendo en conta que na Mesa Xeral de Negociación de 4 xuño se aprobou a proposta de servizos mínimos que se aplicaron á folga do día 8 dese mesmo mes, o 21 de setembro comunicóuselle ás Centrais Sindicais, Xunta de Persoal e Comité de Empresa o decreto de Presidencia no que se explica que se seguirán os criterios aprobados na Mesa Xeral antes sinalada; decisión que foi aceptada polas forzas sindicais maioritarias.

Exit mobile version