Site icon Crónica3.com A Mariña

Remata o prazo de inscrición na escola do Burela FS que conta con máis de medio cento de matriculas

O PRAZO DE MATRÍCULA PARA A ESCOLA LARANXA REMATA O 10 DE SETEMBRO

Máis de medio cento de rapaces/as de entre 6 e 16 anos xa se matricularon na escola laranxa 2010-11, que manterá o prazo de inscrición aberto ata o venres 10 de setembro.

A matrícula para o curso 2010-11 manterá o prezo da tempada pasada, 20 euros, cunha cota engadida de 60 euros por trimestre (outubro, xaneiro e abril). O club proporcionaralle a cada rapaz/a roupa de adestramento e competición, unha sudadeira e un chándal; o alumnado de nova inscrición tamén recibirá unha mochila. Xunto á atención dos servizos médicos do club, este ano os pequenos futbolistas da escola burelista tamén estarán coidados polo centro colaborador L2 Fisioterapia.

Para formalizar a matrícula, o alumnado deberá entregar dúas fotos tamaño carné e a fotocopia do DNI.

Reunión informativa. A dirección da EDM CD Burela FS reunirase cos pais/nais do alumnado o 11 de setembro, no Salón de Conferencias da vila (antiga biblioteca), para explicarlles a programación do curso 2010-11. As xuntanzas estableceranse por categorías, nos seguintes horarios: 10.30 horas os prebenxamíns (nados/as en 2004-03), 11.15 os benxamíns (nados/as en 2002-01), 12.00 os alevíns (nados/as en 2000-99) e 12.45 os infantís (nados/as en 1998-97).

Exit mobile version