Site icon Crónica3.com A Mariña

A Peña Barcelonista San Miguel expoñerá o trofeo de campión de liga do F.C. Barcelona

Nota de Prensa

A Peña Barcelonista San Miguel presenta o trofeo de campeón de liga a todo-los afeccionados da zona.

Aprobeitando a organización dun torneo de fútbol 7 de peñas barcelonistas, fixéron os trámites diante do F.C. Barcelona e éste cedeulles o trofeo de campeón de liga (o da liga dos 99 puntos) para que fose exposto durante o torneo.
Dende a peña queren invitar a todo-los afeccionados ó fútbol, e especialmente ós barcelonistas a que se pasen polo campo de fútbol de San Miguel de Reinante (As Valgas) para poder ve-la Copa da Liga e fotografiarse con ela. Nunca esta copa estivo tan perto nin foi tan fácil poder disfrutar dela.
O horario de visita será o sábado 4 de setembro, de 10.00 a 17.00 horas, en horario ininterrumpido.
Para máis información sobre este acto ou calquer consulta sobre a peña, pódense dirixir ó tfno, 649 57 13 60.
Este mesmo sábado, a peña celebra unha churrascada barcelonista, cun prezo de 12,00 € por persoa. Aqueles afeccionados que estén interesados en asistir, e así poder disfrutar deste día tan barcelonista, poden contactar no teléfono anterior.

Exit mobile version