Site icon Crónica3.com A Mariña

A presentación de Km0.Rutas pola Provincia de Lugo prevese multitudinaria

Nota de Prensa

Segue a aumentar o número de asistentes á presentación de Km0.Rutas pola Provincia de Lugo superando xa os 800

– As previsións indican que este será o acto institucional de maior éxito de convocatoria da historia da Deputación lucense

– Numerosos proveedores de Km0, o programa que contribúe a manter postos de traballo directos e indirectos na provincia, confirmaron a súa asistencia

– A maiores do servizo de transporte gratuíto que habilita o organismo provincial dende o Pazo de San Marcos, os cidadáns están a fletar autobuses dende distintas localidades da provincia

Centos de persoas seguen poñéndose en contacto coa Deputación para asistir á presentación de Km0.Rutas pola Provincia de Lugo que realizará o Presidente da institución provincial, José Ramón Gómez Besteiro, e o Alcalde de Lugo, José López Orozco, o vindeiro xoves, 30 de setembro, ás 20:00 horas, na área recreativa da capital “Los Robles”. O interese que está a causar a primeira publicación que vende a riqueza medioambiental da provincia lucense no seu conxunto é tal que, nunha soa mañá, 200 cidadáns sumáronse ó acto superando xa os 800 participantes.

Numerosos proveedores do pioneiro programa medioambiental en España que contribúe a manter postos de emprego directos e indirectos na provincia: Km0.Deputación de Lugo, xa confirmaron a súa asistencia. Deste xeito, ademais de autoridades locais e provinciais, Sindicatos, Universidade, Centros de Ensinanza, Museos, axencias de viaxes e empresarios; estarán presentes os centos de hostaleiros, artesáns, traballadores de establecementos de lecer e aventura, autónomos, transportistas, etc, que colaboran con Km0.

Tamén os cidadáns que xa redescobreron Lugo queren coñecer de primeira man a publicación que recolle as 127 rutas que conforman o programa medioambiental impulsado polo actual Presidente da Deputación e que transcorren dende o norte ó sur da provincia. Deste xeito, a maiores do servizo de transporte gratuíto que habilita o organismo provincial dende o Pazo de San Marcos ós Robles ás 19:00 horas, asociacións de veciños están a fletar autobuses dende distintas localidades lucenses.

Km0.Rutas pola Provincia de Lugo é unha nova iniciativa coa que o organismo provincial, baixo a premisa de que o medioambiente é a nosa oportunidade económica, busca seguir xerando riqueza mediante a promoción do potencial natural dunha provincia avalada pola UNESCO no 55% do seu territorio grazas ás tres Reservas da Biosfera, -Terras do Miño, Eo-Oscos-Terras de Burón, e Os Ancares-, que conta con 100 quilómetros de costa e 500 quilómetros de Camiños de peregrinación.

Exit mobile version