Site icon Crónica3.com A Mariña

A tenente de alcalde de Burela queixase de que a Xunta débelle ao concello 60 mil euros do IBI do 2.009 e 2.010

A Xunta debe o IBI do Hospital da Costa

NOTA DE PRENSA

NEVES CANDO DENUNCIA QUE A XUNTA LLE ADEBEDA AO CONCELLO PRETO DE 60.000 EUROS DO IBI DO HOSPITAL DA COSTA CORRESPONDENTE AOS ANOS 2009 E 2010. A TENENTE DE ALCALDE CRITICA QUE SE DEAN LARGAS PARA FACER ESTE PAGO E QUE SE GASTEN 6 MILLÓNS DE EUROS EN 4 MESES EN PUBLICIDADE.

Burela, 2 de setembro de 2010. A tenente de alcalde, Neves Cando, denuncia que a Xunta lle adebeda ao Concello preto de 60.000 euros do IBI do Hospital da Costa correspondente aos anos 2009 e 2010.

A edil nacionalista sinalou que “a día de hoxe a Xunta de Galicia débelle ao Concello de Burela case 60.000 euros en concepto de imposto de bens inmobles polo Hospital da Costa dos anos 2009 e 2010. O prazo para que todos os veciños e veciñas de Burela pagásemos este imposto neste ano polas nosas vivendas, solares, etc, rematou xa o 16 de agosto, pero a Xunta non cumpriu aínda con Burela neste 2010 nin no 2009, un concepto que se lle leva reclamando reiteradamente e ao que lle dan continuas largas”.

Cando considera que “non é de recibo que nestes momentos nos que os Concellos estamos vendo como se reducen os nosos ingresos sexa a propia Xunta de Galicia a primeira en incumprir e non aboar os impostos que lle corresponden como a calquera propietario de vivenda ou de solar, co agravante incluso de que ao non pagar en tempo e forma esta cantidade ten xa un 5% de recargo. Ésta é a incompetencia e o despilfarro da Xunta que non fai os seus deberes a tempo e despois ten que pagar máis aínda”.

A tenente de alcalde engadiu que “para pagar isto que se lle debe ao Concello de Burela non hai presa, pero para anunciar o gasto de case 6 millóns de euros en catro meses, mil millóns das antigas pesetas, en campañas de publicade para iso sí que teñen cartos. Para publicidade e propaganda sí que hai cartos neste momento de crise, pero para emprego hai reduccións”. Neves Cando lembrou que “nós xa falabamos no mes de xuño que a Xunta só nos concedeu subvencións para contratar a 11 persoas desempregadas, 10 para socorrismo e 1 para o banco de tempo, cando nós solicitamos 34 para postos en turismo, obras, en xardinería e noutros servizos municipais”.

A concelleira nacionalista subliñou que “agora sabemos dun novo recorte en materia de emprego tamén, a Fundación Eu Son, presidida polo Concello de Burela e que atende aos discapacitados psíquicos da Mariña, viu estes días recortada a súa petición de subvención para contratar técnicos para o seu centro. No ano 2009 recibiu cartos para contratar a dúas persoas e neste 2010 só recibiu para contratar a unha. Éste é o compromiso co emprego da Xunta de Galicia do PP, cartos para campañas publicitarias hai, pero para a creación de emprego e para pargar os impostos que nos deben non”.

Exit mobile version