Site icon Crónica3.com A Mariña

Afirma o PP de Burela que o concello ten que parar unha obra porque non se executou o saneamento de A Casilla-A Marosa

Nota de Prensa

O GMPP acusa ó alcalde de “deixadez e falla de traballo”.

Os populares afirman que o concello tén que parar unha obra porque a Deputación non executou o saneamento de A Casilla-A Marosa.

Afirman que os fondos do ano 2006, cen mil euros, están xa perdidos.

O Grupo Municipal do Partido Popular (GMPP) de Burela afirmou hoxe que “o alcalde leva tres anos demostrando deixadez, falla de traballo e incompetencia política, como o demostra que o pasado día trece de setembro a Xunta de Goberno se vira na obriga de solicitar unha prorroga á Deputación para executar a obra de ‘Pavimentación e servicios na Avda. da praia de A Marosa’, pertencente ó Plan de Obras e Servicios (POS) de 2009, xa que está sen rematar a obra de ‘Saneamento A Casilla-Marosa’, incluida no Programa Operativo Local (POL) 2006, de competencia da Deputación Provincial lucense”. Os populares remítense á acta da Xunta de Goberno burelesa da sesión de trece de setembro.

Os populares fan historia: a obra do POL 2006, solicitada polo goberno municipal burelés do PP, tiña un presuposto de 137.796’99€ e fora adxudicada, polo anterior equipo de goberno da Deputación, con data de inicio en maio de 2007 e remate en outubro do mesmo ano. Coa chegada do bipartito PSOE-BNG á Deputación, a obra paralízase, e a empresa adxudicataria só fai unha certificación de obra por importe de 22.926’69€. Desde o GMPP de Burela, en reiteradas ocasións, se solicitou que esta obra se concluíse, pero nin o alcalde nin a Deputación dixeron nada ó respecto. O goberno burelés do PP foi quen realizou a acometida de enerxía electríca á zona de A Marosa.

Agora resulta que o alcalde se dá conta da situación, porque o concello solicitou no POS de 2009, e tamén no POS de 2010, realizar obra nova sobre a obra que a Deputación tina que ter finalizada. E como a Deputación non rematou a súa obra, o concello non pode continuar coa súa, e polo tanto pide a prórroga.

Para o GMPP,”as cousas están mui claras: temos un alcalde que políticamente é un incompetente, porque, logo de tres anos, ainda non foi capaz de que a Deputación rematase a obra que tiña que ter rematada en outubro de 2007, proba de que no seu partido non lle fan moito caso. Tres anos sen facer nada, nin neste tema nin noutros. E neste caso en concreto cun grave quebranto para a economía do concello”.

O GMPP afirma que os cartos do POL-2006 xa son irrecuperables, e que os cartos do POS-2009 poden chegar a perderse. Polo tanto, os populares presentaron unha moción para o seu debate no pleno municipal burelés do vindeiro xoves, para solicitar á Deputación que remate a obra da súa competencia en dous meses.

Os populares consideran que os bipartitos, tanto o burelés coma o provincial, están gobernando só por intereses persoais e que se esquecen permanentemente do conxunto da cidadanía.

Exit mobile version