Site icon Crónica3.com A Mariña

As eleccións primarias no PSOE

Nos artigos 30, 37 e 53 dos estatutos do PSOE recoñecese e regulase o dereito dos afiliados a ser candidato en cantos procesos electorais externos e internos que se plantexen, sen veto ou reparo algún que supoña diminución ou vantaxe.
A realidade e moi distinta. A dirección do partido esta a nomear os candidatos a dedo, e só acode as primarias cando non lle queda mis remedio, por esixirllo algún candidato descontento cos ideas da dirección.
Podemos ver o que está a pasar en Madrid. Onde nomearon Secretario Xeral da Agrupación Madrileña o señor Gómez para que puxera orden e levantara unha agrupación moi tocada (temos que lembrarnos do Tamayazo): E agora, que teñen que nomear candidato a Comunidade de Madrid, non lle vale a dirección federal do partido.
Que haxa mais de un candidato, no e malo. O grave e que a dirección do partido trate de impoñer un deles, pida o outro que renuncie o seu dereito de selo, e que cando este non o fai non manteña a neutralidade requirida e trata de favorecer a un en detrimento do outro.
Isto que está a pasar en Madrid e un mal exemplo que da a dirección e fai que pase en outros moitos sitios o que ocasiona conflitos internos.
Aquí na Mariña tamén estamos a ver nomeamentos de candidatos a alcaldes do PSdG_PSOE bastante curiosos:
En Ribadeo nomease candidato a un ex militante do BNG, co presenza no acto do mesmísimo Pepe Blanco, mentres que en Barreiros son Ricardo Varela e José Ramón Gómez Besteiro os que nomean candidato a un ex militante do PP que foi Tenente de Alcalde con Isaac Prado Villapol. Toda unha demostración de coherencia ideolóxica. ¿Non terán nada que dicir o respecto os militantes de Ribadeo e de Barreiros?.
En Foz, con unha agrupación totalmente dividida, a dirección provincial nomea candidato a José María García Rivera tras a celebración de unha asemblea caótica, chea de un montón de irregularidades e sen resolver varias reclamacións.
Por outro lado a executiva local non garante a igualdade e transparencia requirida nun proceso destas características decantándose claramente por un dos aspirantes a encabezar a lista, cando debería promover a celebración dunhas primarias con absoluta garantía para tódolos aspirante a candidato.
Como se pode ver o proceso de primarias que debería ser claro, transparente e limpo, deixa moito que desexar nun partido que se considera democrático.

Exit mobile version