Site icon Crónica3.com A Mariña

Ata o sábado aberta a inscrición para ir a Muxía coa delegación de Medio Ambiente de Barreiros

A Delegación de Medio Ambiente de Barreiros organiza unha viaxe a Muxía o vindeiro domingo 12 de setembro, xornada na que se celebra a festa na honra á Virxe da Barca. José Manuel Gómez Puente subliña que “os interesados en acudir poden inscribirse ata o vindeiro sábado chamando ao seguinte número de teléfono: 629 92 92 41”. A hora prevista de saída cara Muxía será ás seis e media da mañá.

Exit mobile version