Site icon Crónica3.com A Mariña

Cinco peñas barcelonistas participaron no torneo de fútbol 7 que organizou e gañou a peña de San Miguel en Barreiros

Nota de Prensa

A Peña Barcelonista San Miguel gañou o seu torneo.
A Peña Barcelonista San Miguel gañou o torneo de fútbol 7 de peñas barcelonistas que ela mesma organizaba.
Foi un torneo moi disputado entre as peñas de Burela, Mondoñedo, La Balastrera de Ribadeo, Azulgranas 12 puentes de Vegado e a própia PB San Miguel.
Tras unha primeira fase de liguiña, chegouse á final entre os dous primeiros clasificados, unha final disputada entre Azulgranas Asturgalaico e Peña Barcelonista San Miguel, e que tivo o seu desenlace na tanda de penaltis.
Pero o importante de todo foi o gran ambiente de barcelonismo e de cordialidade que se viviu ó longo de todo o día.
Ó remate do torneo celebrouse unha churrascada, na que participaron tanto os xogadores como afeccionados e socios en xeral de toda-las peñas.
Resaltar tamén a gran afluencia de simpatizantes barcelonistas para fotografíarse coa Copa da Liga. Dende toda a Mariña se desprazaron, destacando dende a peña, a gran presenza de nenos e nenas, polo que se pode certificar que o barcelonismo na mariña ten moi bo futuro.

Exit mobile version