Site icon Crónica3.com A Mariña

Comezan obras de mellora nas tribunas do campo de A Marosa en Burela

Nota de Prensa

REMATARON AS OBRAS DE MELLORA DA ILUMINACIÓN NO PARQUE ROSALÍA DE CASTRO E AGORA COMEZAN NUNHA DAS TRIBUNAS DO CAMPO DE FÚTBOL DE A MAROSA.

Burela, 6 de setembro de 2010. As obras de mellora da iluminación do parque Rosalía de Castro chegaron ao seu fin “conseguindo impulsar o aforro e eficiencia enerxética, así como a accesibilidade e utilización de enerxías renovables”, segundo informa no día de hoxe o concelleiro de Obras, Pascual Doménech.

O edil socialista sinalou que “o parque é un dos espazos públicos máis frecuentados, debido á súa ubicación e versatilidade, en canto á disposición de xogos infantís e zonas de descanso e carecía dunha iluminación adecuada para o desempeño de tales actividades. Pola nosa parte, a renovación do alumeado público considerase unha obra necesaria para o desenrolo de actividades de esparcimento, creando entornos agradables e sostibles, dado o crecemento do concello e a necesidade de manter os espazos públicos en bo estado”.

Doménech Gruñeiro explicou que “as obras supuxeron a implantación de puntos de luz eficientes, grazas ao uso de tecnoloxía LED, e conseguiuse evitar a contaminación lumínica nocturna e racionalizar o uso do alumeado público, incrementando a sensación de confort aos usuarios, xa que o aproveitamento da luz é óptimo ao dirixilo exclusivamente á zona a iluminar. Os traballos consistiron nun estudo previo de reubicación e ampliación de columnas, luminarias e farolas, para posteriormente cambiar o cableado existente, rematando coa instalación de quince farolas con LED e dúas torres de iluminación de doce metros de altura con tres proxectores cada unha para iluminar as zonas de xogo das que dispón o parque”.

O responsable de Obras engadiu que “paralelamente, nestas datas substituiranse os halóxenos por focos de haloxenuros nunha das tribunas do campo de fútbol de A Marosa, co que se conseguirá un aforro de 1100 W en cada un, pero que grazas aos reflectores dos que constan permiten obter o máximo rendemento, ao ter as mesmas prestacións lumínicas, pero cun evidente aforro de enerxía. Todos estes traballos contan cun presuposto de 45.941,68 euros, incluídos no reparto do FEESL 2010 feito polo goberno central para o Concello de Burela”.

Exit mobile version