Site icon Crónica3.com A Mariña

Economía e Industria promove a formación sobre normativa enerxética na edificación en Lugo

NOTA DE PRENSA:
ECONOMÍA E INDUSTRIA PROMOVE NOVAS ACTIVIDADES DE FORMACIÓN SOBRE NORMATIVA ENERXÉTICA EDIFICATORIA EN LUGO, VIGO E A CORUÑA

* A Consellería que dirixe Javier Guerra trata de informar e concienciar aos axentes implicados para que fagan un uso máis racional da enerxía no sector da edificación

Santiago, 18 de setembro de 2010 .- A Consellería de Economía e Industria, a través do Instituto Enerxético de Galicia (Inega), desenvolverá ata final de mes, novas actividades de formación sobre Normativa Enerxética Edificatoria, ao abeiro dun convenio con Fegafón (Federación Galega de Asociacións de Fontanería, Calefacción e Afíns), incardinado no marco de colaboración que ten co IDAE (Instituto para la Diversificación y el Ahorro de la Energía).

Concretamente, o luns día 20 de setembro, iniciaranse os cursos que terán lugar nas cidades de Lugo (Alufonca, Río Cabe, nº 28-30) e de Vigo (sede de Foncalor, sita en Martínez Garrido, nº 84) e que se celebrarán ata o venres, 24 de setembro, en horario de tarde (de 19.30 a 22.00 horas e de 20.00 a 22.30 horas, respectivamente).

Así mesmo, A Coruña (sede de Agasca, emprazada en Salvador y Merino, 9-11, portal 5-1º) acollerá o luns, 27 de setembro, unha xornada informativa sobre aspectos para unha eficiencia enerxética na edificación, mentres que á cidade de Lugo (sede de Alufonca) albergará un novo encontro sobre esta temática, o xoves, día 30. En ambos os dous casos desenvolveranse en horario de 19.30 a 22.00 horas.

Con este programa formativo a Consellería que dirixe Javier Guerra trata de informar e concienciar aos axentes implicados e aos afectados pola nova normativa enerxética edificatoria co obxectivo final de promover un consumo máis racional de enerxía, que axude a minimizar así o alto consumo enerxético que presenta o sector da edificación, que en Europa se sitúa nunha media de entre o 35% e o 40%.

No marco deste convenio Economía e Industria desenvolveu desde o Instituto Enerxético de Galicia un total de 8 cursos de formación complementaria e 4 xornadas divulgativas para difundir o coñecemento do procedemento de certificación enerxética de edificios, do novo Regulamento de Instalacións Térmcias nos Edificios (Rite) e do Documento Básico de Aforro de Enerxía do Código Técnico da Edificación (CTE), co fin último de incentivar o aforro e a eficiencia enerxética, así como de fomentar o uso racional da enerxía no sector.

Exit mobile version