Site icon Crónica3.com A Mariña

Entrega de diplomas en xove

No salón de plenos do Concello de Xove celebrouse a entrega de diplomas as persoas que asistiron aos cursos subvencionados pola Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia, de auxiliar de axuda a domicilio e camareiro de restaurante-bar correspondentes ao ano 2009, nun acto presidido polo alcalde Demetrio Salgueiro acompañado da axente de emprego e desenvolvemento local, Rosa Lage. Os citados cursos desenvolvéronse nas distintas dependencias municipais e contaron diariamente coa asistencia de 16 persoas alumnas por curso que superaron o desenvolvemento das accións formativas con éxito

Exit mobile version