Site icon Crónica3.com A Mariña

Cheo de público nas xornadas de teatro afeccionado do Valadouro

NOTA DE PRENSA:
De exitosas se poden considerar as xornadas de teatro afecionado que se están a celebrar en O Valadouro por mor da celebración do XXV semana do teatro afecionado que este concello está a celebrar.Na primeira xornada de actuación o grupo encargado de abrir as xornadas foi o grupo local de Alfoz e o Valadouro Raiolas, que como de costume, encheron ata a bandeira o salón de actos da casa da cultura de Ferreira quedando a súa capacidade escasa. Chegou a ser tan pouca a capacidade do local para o público congregado para o evento que o propio grupo vai a reposicionar a obra cara a Nadal.
Previo a esta actuación, o fillo predilecto de O Valadouro, Manuel Lourenzo, deu unha pequena introducción á semana do teatro contando un pouco as súas vivencias e a historia do teatro no Val do Ouro.

A segunda xornada da semana do teatro de O Valadouro, tocoullle o turno o grupo astuariano de Castropol el Cioyo cun cheo no auditario da Casa da Cultura de Ferreira e cunha obra na que o público non pestanexou desde o principio ata o fin. A obra “mi mujer es el fontanero” deleitou a grandes e pequenos que fixeron que o recinto se quedara tamén reducido. Hoxe tocalle o turno o grupo fazourense de A Adala que nos vai a interpretar a obra “ilusións” de Paco Piñeiro e mañá o mesmo autor volve ás taboas de Ferreira, pero esta vez co grupo O Bordelo de Cervo coa súa obra “Quintana dos vivos, anguria dos orfos”

Exit mobile version