Site icon Crónica3.com A Mariña

Foz presenta o IV Encontro de sendeirismo Río Ouro-Praias de Foz

NOTA DE PRENSA:
Presentación do IV Encontro de sendeirismo Río Ouro – Praias de Foz, organizado pola Asociación “Os Sendeiros” de Foz, que terá lugar o vindeiro día 25 de setembro. Máis de 600 persoas partirán da área recreativa da Pampillosa, en Fazouro, ás 10:00 da mañá.

A principal novidade desta edición é a incorporación da Ruta das Praias como unha variante no seu percorrido tradicional, polo que nesta ocasión rematará en Foz. O Alcalde de Foz, José Mª García Rivera, destacou como un acerto a integración de ámbalas rutas, como un medio para dar a coñecer tanto o río Ouro como o noso litoral. Este feito senta un precedente para futuras edicións, nas que se poderán efectuar variacións no itinerario.

O Concello poñerá á disposición dos Sendeiros tódolos servizos necesarios para facilitar o normal desenvolvemento da actividade. Contará co seguimento de Protección Civil e poñerase un servizo de autobús á disposición dos camiñantes, que efectuará a súa saída desde o Concello ás 9:00 da mañá, e os levará ata o punto de orixe da ruta. Ás 16:30 partirá outro desde o Concello para levar a aqueles participantes que deixaran o seu vehículo en Fazouro.

Como fin de festa, despois do esforzo tódolos camiñantes poderán disfrutar dunha bonitada e de bolos preñados. Esta actividade será gratuita para os clubes e para os participantes individuais terá un prezo de 3 €.

O Alcalde do concello sinalou algún que outro inconvinte no decurso da ruta, ocasionado polos desperfectos causados polas choivas e polas obras na canalización da auga. O Concello, por medio da Escola Taller, está a poñer os medios para subsanar estas deficiencias. A Ponte de Madeira será arranxada na súa totalidade por Augas de Galicia.

O Alcalde apoiará coa súa presenza o desenvolvemento desta actividade nalgún dos momentos da Ruta, que coincide co nomeamento de Suso Fernández como Fillo Predilecto de Foz, merecida homenaxe ó noso Cronista.

Simultaneamente, Os Sendeiros apostan pola continuidade do Concurso Fotográfico, que este ano cumple a súa terceira edición, e que pretenden reflectir en imaxes a beleza desta Ruta.

O Alcalde aproveitou esta presentación para anunciar unha nova ruta, a Ruta do Centiño ou dos Muíños, que iniará o seu percorrido en Vilaxoane e finalizará en San Martiño. Un proxecto que está aprobado, a falta do permiso de Medio Ambiente, e que conleva unha inversión de máis de 100.000 €. Esta ruta sufriu algunha variación respecto do percorrido inicial, para evitar o risco de inundacións nalgún dos seus treitos.

Asimesmo adiantou a nova da celebración das Xornadas de Turismo da Natureza, que terán lugar os dous últimos fins de semana de novembro, no CENIMA e na Obra Pía de Fazouro.

Exit mobile version