Site icon Crónica3.com A Mariña

Galiza Nova A Mariña convoca asembleas con estudantes para organizar a participación xuvenil na folga xeral

Nota de Prensa

Galiza Nova-A Mariña convoca asambleas con estudantes dos Institutos da Mariña para organizar a participación xuvenil na Folga xeral.

A militancia  de Galiza Nova analizará con o conxunto do estudantado mariñán a mellor forma de afrontar a xornada de Folga Xeral convocada para o 29 de Setembro.

As asambleas desenvolveranse ao longo desta semana e rematarán a seguinte. As primeiras levaranse a cabo o mércores no I.E.S. Monte Castelo de Burela  e I.E.S. Marqués de Sargadelos de San Cibrao. Os encontros de Galiza nova co estudantado mariñán continuarán o xoves nos I.E.S. Martín Sarmiento e Vilar Ponte de Viveiro, o venres as asambleas de estudantes continuarán nos I.E.S. ribadenses Gamallo Fierro e Porta da Auga. A ronda de reunión rematará o luns no I.E.S. de Foz e en Burela no I.E.S Perdouro. Todas as asambleas realizaranse na hora do recreo.

Nestes encontros Galiza Nova busca achegar as/aos estudantes  as iniciativas que a organización xuvenil levará a cabo en relación á  xornada de folga e buscará a colaboración dos mesmos para facer do 29-S un éxito.

Galiza Nova quere transmitir a xuventude mariñá a necesidade de demostrar que a mocidade da nosa comarca non vai sucumbir ante os embates empresariais e gubernamentais que se están a dar contra os dereitos laborais d@s traballadores, especialmente grave no caso d@s máis xovens e o por iso anima a toda a mocidade a participar nesta xornada de folga e asistir á manifestación convocada pola CIG ese mesmo día ás 18:00 en Foz con saída da delegación de Facenda.

“Mocidade con emprego, pobo con futuro! A Mariña contra a reforma laboral”.

Exit mobile version