Site icon Crónica3.com A Mariña

Lourenzá acompañará a Festa da Faba cunha ampla programación

Dossier de presentación desta festa gastronómica que terá lugar o vindeiro sábado 2 e domingo 3 de outubro en Lourenzá

20 Festa da Faba

Festa de interese turístico galego

LOURENZÁ

2 e 3 de outubro    2010

¦ presentación do evento

¦ filosofía e obxectivos

¦ características IXP faba de Lourenzá

¦ recinto feiral

¦ XIV Concurso Fotográfico

¦ degustación Faba de Lourenzá

¦ pregoeiro

¦ roteiro de petiscos “Faba de Lourenzá”

¦ programación lúdico-cultural

¦ programación musical

¦ resumo da programación 2010

¦ contactos organización

¦ organizadores, colaboradores e agradecemento

1. Presentación do evento

A Festa da Faba cumpre 20 anos. Os días 2 e 3 de outubro a Faba de Lourenzá será a protagonista desta cita gastronómica que comezou aló polo ano 1990 froito dunha iniciativa do Concello de Lourenzá para promocionar o consumo da leguminosa e incrementar o seu prezo. Dende aquela primeira edición, que consistiu na celebración dun concurso de fabas, a festa foi in crescendo non só a nivel gastronómico senón tamén na súa programación lúdico- cultural. Así as exposicións, o baile, a música,…teñen o seu propio espazo dentro do programa de actos.

Este ano como novidade e relacionado coa celebración dos 20 anos desta festa gastronómica levarase a cabo un acto-homenaxe xunto cunha exposición temática que nos recordará o traballo realizado a prol da mesma ao longo destes anos por parte de diferentes colectivos e persoeiros.

Asemade crearease unha “personalidade” na rede para atender ás actuais expectativas da opinión pública.

2.-Filosofía e obxectivos

A festa, considerada o evento máis importante do ano, homenaxea, promociona e comercializa a faba como producto de alta calidade, reunindo durante os días de celebración a productores, compradores, tratantes e consumidores.

O principal obxectivo da celebración é promover a Faba de Lourenzá como un produto de calidade con proxección de futuro. A celebración pretende, asemade, apoiar aos colectivos de fabeiros, hostaleiros e comerciantes, imprescindibles no desenvolvemento económico desta legume. Asemade salientase a potenciación da Faba de Lourenzá como un produto delicatessen dentro da nosa gastronomía, así como dar a coñecer os bens patrimoniais e culturais do val de Lourenzá, unha zona que desenvolve a súa actividade arredor do cultivo e a comercialización da faba.

3.- Características da IXP Faba de Lourenzá

A Faba de Lourenzá distinguese con todos os sentidos:

1. Pola súa textura carnosa e firme
2. Pola súa brancura e forma
3. Polo aroma doce, terroso e almidonado
4. Incluso produce un distintivo sonido
5. Imposible de confundir ao paladar en calquera receta

A distinción máis fácil: a etiqueta

A nova indicación xeográfica protexida Faba de Lourenzá ponllo fácil: a nosa Faba distinguese coa súa propia etiqueta. Ademáis, cada saco leva un número de serie que o identifica dende a orixe ata o prato.

Nunca se vende “a granel”

Para protexer ao consumidor do fraude, a Faba de Lourenzá únicamente se vende envasada e etiquetada.

Unha faba moi especial

O producto amparado pola indicación xeográfica protexida Faba de Lourenzá son fabas secas separadas da vaina, procedentes da familia das fabáceas ou leguminosas, especie Phaseolus vulgaris, L, da variedade local coñecida como Faba Galaica.

Alimento con historia

Gracias ao alto valor nutritivo e a súa capacidade de conservación a Faba foi dende a antigüedade máis remota un alimento básico en todas as dietas do mundo.

Actualidade da Faba

Décadas atrás as legumes experimentaron un descenso no seu consumo debido aos cambios en hábitos de vida e a súa valoración como “alimento de pobres”. Hoxe en día o seu consumo está en alza ano tras ano gracias á publicación de estudios nutricionais que reforzan a súa importancia na dieta.

3.1. FABEIROS e IXP

Pódese dicir que son os protagonistas por excelencia da Festa da Faba, e como tal resérvase un dos recintos para a súa ubicación. Nesta edición imos a contar con 9 fabeiros procedentes do Val de Lourenzá e da comarca mariñana, dos cales un deles produce faba ecolóxica. Todos eles exporán o seu producto nas casetas instaladas no Cantón. Os productores que participan son:

Fabas O Pontigo    Fabas Casa Amado

Fabas Engracias  Fabas Ecolóxicas Maruxa Leitón

Fabas Toñito    Fabas Casa de Amado Fabas Mª Carmen

Compre destacar que os fabeiros participantes están inscritos como productores no rexistro da Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá. Cabe decir que o propio regulamento da IXP non ampara a venda a granel polo que para poder vender a producción baixo a Indicación compre dispoñer do rexistro sanitario correspondente como envasadores. O envase tipo para a IXP é de 1 kg.

3.2. O MERCADO DE FABAS

Ao longo destes anos o Mercado de Venda ao por Maior en Lourenzá  representa unha cita fundamental para productores e distribuidores na venda da faba. O volume de venda do mercado de Faba de Lourenzá  vai a rondar os 200.000 K/ano (debido en parte ás adversas condicións meteorolóxicas que provocaron danos irreparables debido ás riadas do pasado mes de xuño- o que tivo como consecuencia unha menor producción ademáis dunha recolecta tardía de fabas). O pasado domingo 19 de setembro deu comezo a campaña de venda ao por maior que se vai a prolongar ata mediados de xaneiro prevéndose uns prezos para esta tempada que oscilarán entre os 7 e os 8€/K. Os datos en canto a producción e extensión de terreo plantado son:

* Producción de Faba de Lourenzá: 200.000 k/ano
* Extensión de terreo prantado: 150 hectáreas (2.400 ferrados)

A última actualización feita polo Concello de Lourenzá e que todavía segue aberta ata finais deste mes, sinala que hai 300 productores inscritos no Rexistro de Fabeiros. Este rexistro creado no ano 2000 actualizase anualmente con productores procedentes de toda a comarca mariñana (A Mariña Ocidental, A Mariña Central e A Mariña Oriental), representando así a “Faba de Lourenzá” unha das fontes máis importantes de desenvolvemento económico para a comarca.

4.- Recinto Feiral
Lourenzá  e a faba son os protagonistas durante o fin de semana reunindo ao rredor de 10.000 persoas ao logo dos 2 días, 2 e 3 de outubro do 2010 no recinto feiral, rúas e prazas de Lourenzá. Ofreceranse aos visitantes planos de ubicación dos distintos espazos, acondicionamento gratuito aos expositores: luz, servizo de montaxe, limpeza,…
Na Praza do Conde Santo ubicarase a Carpa-Degustación que dará cabida aos visitantes que veñan a degustar as nosas fabas ao longo da fin de semana así como os stands onde os fabeiros exporán e porán á venta Faba de Lourenzá baixo o amparo da IXP.
No claustro do mosteiro e no exterior do mesmo terá cabida a Feira-Exposición na que este ano participarán máis de 40 expositores con representacións de toda Galicia e Asturias. Todos estes artesáns estarán arroupados nunha gran diversidade de sectores: artesanía en madeira,  cestería, coiro, alimentación, cerámica. Este recinto abrirá as as súas portas segundo os seguintes horarios:

Sábado 2 de outubro

11:30 – 14:30 h.

16:30 – 20:30 h.

Domingo, 3 de outubro

11:00 – 19:30 h. (horario ininterrumpido)

Neste mesmo espazo ubicarase a exposición do 14º Concurso Fotográfico Festa da Faba.

No claustro do pozo santo, ubicado na parte traseira do mosteiro San Salvador, ubicarse un espazo divulgativo onde artesáns da pedra e madeira demostrarán aos visitante so traballo neste material a todos os visitantes.

A Sala de Exposicións da Casa da Cultura albergará a exposición temática do 20º aniversario Festa da Faba.

5.- Concurso de Fotografía

O Concurso chega á súa 14º edición co obxectivo de ampliar a cobertura no territorio nacional. Proba diso é a difusión que ten a través das páxinas web especializadas en fotografía coa conseguinte participación dende diversos puntos da xeografía galega e nacional.

Cada participante podía presentar entre 4 e 6 instantáneas inéditas nas categorías: “Temática Libre Lourenzá ”  (fotos representativas, recoñecibles, distintivas e identificativas do Concello de Lourenzá) e Temática Libre. O pazo de presentación rematou o pasado 17 de setembro.

Premiarase a mellor serie de cada categoría. O vencedor da categoría A (Libre Lourenzá) obterá 500 euros mentras que o vencedor na categoría B (Libre) obterá 200 euros. Muebles Hermida colabora no patrocinio dos mencionados premios. As fotografías gañadoras serán publicadas nas web: www.fabadelourenza.org e www.concellodelourenza.es

O fallo do xurado resolverase en acto público o 03 – 10 – 10.

6.- Degustación Faba de Lourenzá

Tentando aumentar cada ano a oferta gastronómica arredor da Faba de Lourenzá para acoller a demanda dos visitantes, a Organización levará a cabo unha DEGUSTACIÓN na xornada do sábado e un XANTAR POPULAR  con menú na xornada do domingo con que porá á venda 1.500 racións desta prezada leguminosa.

Ademáis continuaremos coa colaboración con ACEGA (Asociación de Celiacos de Galicia) co fin de que todos aquelas persoas que padezan este transtorno alimentario de intolerancia ao glute e se acerquen a degustar as fabas nas Degustacións Populares que se ofrecen, poidan comer sen ningún tipo de problema.

SÁBADO 2 DE OUTUBRO: DEGUSTACIÓN POPULAR

Esta Degustación Popular de Fabas estará ubicada na Praza do Conde Santo  e comezará a partires das 13,30 h. Ofreceranse 2 especialidades diferentes de faba de Lourenzá tendo previsto repartir unhas 450 racións, entre as cuncas grandes e cuncas pequenas.

ESPECIALIDADES XX FESTA DA FABA:

* FABAS DE LOURENZÁ VERDINAS CON MARISCO
* FABAS DE LOURENZÁ CON CARNES DO VAL

Para os visitantes celiacos ofreceráselles este menú acompañado de pan sin glute

DOMINGO 3: XANTAR POPULAR con MENÚ – DEGUSTACIÓN

Nesta xornada teremos un XANTAR POPULAR composto por un Menú – Degustación (1.050 racións), ofrecéndolle aos visitantes a posibilidade de degustar a Faba de Lourenzá nun menú de calidade creado específicamente para esta degustación.

A carpa estará novamente ubicada na Praza do Conde Santo e terá lugar o domingo 3 de outubro a partires das 13:00 h. O menú está formado por:

– Mixto de pasta vexetal ás distintas cores con Faba de Lourenzá e tomate aliñado con salsa rosa e resaltes con tiras vermellas

– Fabas con ameixas / Fabas con carnes do Val

-Tarta de bizcoito con crema de fabas en semifrío e resaltes de froitos silvestres.

MENÚ  DEGUSTACIÓN CELIACOS

O menú constará do mesmo 1º e 2º prato. Como postre ofrecerase

– Arroz con leite e faba confitada.

Por cuarto ano consecutivo e intentando dar un maior impulso de calidade á propia degustación popular de fabas a organización porá á venda  Vino Tinto D.O. Ribeira Sacra da Adega “Valcar”, coa etiqueta conmemorativa deste 20º aniversario.

Paralelamente e en colaboración cos establecementos hosteleiros de Lourenzá dende o venres día 2 ata o domingo 3 de outubro ofrecerán unha degustación de petiscos/tapas con fabas, sendo un xurado popular o encargado de valorar as mesmas. A entrega de premios terá lugar nun acto público na tarde do domingo contando coa colaboración da Adega Valcar.

RECOLLIDA DE TICKETS E PREZOS

No “stand” de venda de tickets -situado ó carón da degustación- poderanse recoller os “tickets” para as distintas degustacións establecéndose para esta edición os seguintes prezos:

XORNADA DO SÁBADO – DEGUSTACIÓN

4Cunca grande  5 €

4Cunca pequena 2 €

4 Botella de Viño Tinto D.O. Ribeira Sacra 5 €

XORNADA DO DOMINGO – COMIDA POPULAR

4Menú: 10 €

4Menú Infantil: 7 €

4Botella de Viño Tinto D.O. Ribeira Sacra 5 €

7.- Pregoeiro XX edición

Miguel A. Fueyo, investigador

Miguel Ángel Fueyo Olmo  (La Invernal-Sotrondio. Asturias, 1950). Inxenieiro Técnico Agrícola iniciou a súa carreira profesional como Axente de Extensión Agraria en 1974. En 1985 incorporouse ao Centro de Experimentación Agraria, creado polo Principado de Asturias en Villaviciosa, para encargarse da Unidade de Horticultura. Neste destino comeza os seus traballos de investigación e experimentación sobre hortofruticultura, especialmente nas especialidades da faba asturiana. Entre 1993 e 1995 asume as funcións de director do Instituto de Experimentación e Promoción Agraria, e máis tarde foi nombrado xefe do Departamento de Hortofruticultura para facerse cargo da Área de Experimentación e Demostración Forestal ao crearse o SERIDA. Ademáis, durante unha década exerceu o cargo de vocal técnico do Consello Regulador da Denominación Específica “Faba Asturiana”.

Ao longo da súa traxectoria profesional no SERIDA participou no desenvolvemento de proxectos de investigación rexionais e nacionais coordinados polo INIA e o MAPA entre diversos grupos de traballo de diferentes Comunidades Autónomas, o que lle permitiu ofrecer un amplio catálogo divulgativo de publicacións técnicas e científicas. Entre as súas principais obras figuran os libros publicados anteriormente cos títulos: “Producción de judías de calidad” (2004), “El cultivo de la Patata. Producción convencional, integrada y ecológica” (2007), “El cultivo de las coles. Repollo, berza, col de Bruselas y col china” (2009) y “El cultivo de la Faba Granja Asturiana” (2010),  todos eles baseados nos traballos experimentais desenvolvidos no SERIDA e en fincas colaboradoras.

A súa labor de investigación e divulgación para a mellora da Faba, foi merecedora de varias distincións, entre as que cabe destacar: “Faba de Ouro”, outorgada polo Círculo Amigos da Faba; “Faba de Azabache”, outorgada polo Concello de Villaviciosa  e nomeado “Investigador do Ano” en 1999 pola Caixa Rural de Asturias e o Concello de Oviedo. No ano 2005, por razón de sañude pasou á situación de pensionista cuando levaba casi dous anos no posto da sección de Diversificación e Medios de Producción da Consellería de Medio Rural e Pesca do Principado de Asturias.

A súa vinculación con Lourenzá vén dende finais dos anos oitenta ao contactar co Centro de Investigación Agraria do Principado de Asturias, solicitando así a colaboración de Fueyo para dotar aos agricultores duns coñecementos básicos das modernas técnicas de cultivo polo que en colaboración co Servicio de Extensión Agraria de Mondoñedo programaronse unha serie de campos de ensaio distribuidos entre as tres parroquias do Val en parcelas de medio ferrado e situados en lugares estratéxicos, moi visibles, que serviron para expoñer dito traballo. Simultaneamente se levaron a cabo cursos de formación abarcando todos os aspectos de cultivo. Consecuencia disto foi un gran rendemento por hectárea, pasando ser a faba o cultivo principal entre os agricultores do concello. Na primeira visita que se fixo dende o Concello de Lourenzá ao C.E.A. levaronse 5 mostras de fabas que se cultivaron no val, das cales, Fueyo elexiu dúas, que ao seu entender poideran ter certo interés comercial. Unha delas foi a que hoxe coñecemos como “Faba Galaica”, a máis coñecida da actual Faba de Lourenzá. A transferencia de coñecementos por parte de C.E.A. foi clave nos primeiros momentos sustituindose os papeis na formación da S.E.A. de Mondoñedo, a Misión Biolóxica e a Univ. De Santiago que toman o relevo impartindo múltiples cursos, xornadas,…

8.- Roteiro de Petiscos e tapas “Faba de Lourenzá”

Nos establecementos de hostelería de Lourenzá, desenvolverase por terceiro ano consecutivo o “Concurso de Petiscos e Tapas con Faba de Lourenzá”. Este ano contaremos coa participación de 9 establecementos hosteleiros, ofrecendo tapas de calidade, orixinalidade e coidado aspecto e presentación final.

– CAFÉ BAR CABALEIROS

– CAFÉ BAR CANTÓN

-CAFE BAR O TORREON

-CAFETERIA GALAXIA

-CAFETERIA VINOTECA MORRIGAN

-CERVECERIA ESTRELLA

-CERVECERIA O RECANTO

-MESON O PIPOTE

– PARRILLADA O TANGARTE DE LILLO

-RESTAURANTE LA UNIÓN

9.- Programación Lúdico – Cultural 9.1. ACTIVIDADES LÚDICO-CULTURAIS

Exposicións

Instalaranse dúas exposicións que representarán por unha banda a arte da fotografía e por outra unha retrospectiva dos vinte anos de andaina desta festa gastronómica.

EXPOSICIÓN  XIV CONCURSO FOTOGRÁFICO FESTA DA FABA

Dentro do Mosteiro San Salvador, ubicarase a XIV Exposición Concurso Fotográfico Festa da faba que nesta edición contou con 35 participantes procedentes de toda a xeografía galega e española (Cantabria – Madrid, Barcelona, … o que nos indica a proxección exterior que ten o concurso e que se debe fundalmente á información aparecida en diversas páxinas webs relacionadas co mundo da fotografía. Presentaronse cerca de 200 fotografías sendo a edición na que contaremos con maior número de instatáneas. O nome dos gañadores faranse públicos no acto de entrega de premios que terá lugar o domingo día 2 as 19:00 no Claustro do Mosteiro.

Os premios faranse públicos no acto de entrega que terá lugar o domingo 3 de outubro ás 19,30 horas.

MH-Muebles Hermida colabora no patrocinio desta actividade. Os Premios son:

*  Gañad@r Serie “Libre/Lourenzá” ………………………………………. 500 €

*  Gañad@r Serie Libre…………………………………………..200€

EXPOSICIÓN  “20º ANIVERSARIO FESTA DA FABA”

Trátase dunha exposición que trata de recoller os vinte anos de vida desta festa gastronómica, na que os paneis identificativos estarán distribuidos baixo diferentes temáticas:

1).- 20 ANOS DE CARTEIS ANUNCIADORES – A LENDA DAS ARTES (recollerá os carteis anunciantes da festa)

2).- 20 ANOS CON ESTRELA DA MÚSICA

3).- 20 ANOS DE FOLKLORE E TRADICIÓN

4).- 20 ANOS MÚSICA EN CONCERTO

5).- 20 ANOS PREMIANDO AS MELLORES FOTOS

7).- 20 ANOS DE OLLADAS PARA O RECORDO

I Carreira Popular Val das Fabas

Nesta edición decidiuse dar un impulso as actividades lúdicas propostas no programa polo que se incluiu a organización duha carreira popular enmarcada dentro do programa da Federación Galega de Atletismo e pensada para que poideran participar todos aqueles veciños e visitantes do concello, profesionais ou afecionados a este deporte.

As inscricións poderán facerse  antes das 18 horas do día 30 de setembro no enderezo escolaslourenza@gmail.com ou no fax 982 12 12 80 debendo figurar o NOME, APELIDOS, DATA NACEMENTO, Nº de LICENZA E CLUBE ou COLEXIO, se é o caso. Nas categorías inferiores onde o percorrido se faga polo casco urbán as inscricións poderán facerse ata 30 30 minutos antes do incio das probas, no propio escenario da carreira non sendo preciso facelas por ningún outro medio.

HORARIO-DISTANCIA E CATEGORÍAS CIRCUITO

O circuito constará de diferentes distancias dependendo da categoría.

As 16,30 h. PITUFOS masculino e femenino 2004 en adiante – 150 m. praza

As 16,40 h. BENXAMÍN (02/03) e ALEVÍN (00/01) – 500 m. casco urbán

As 17,00 h. INFANTIL (98/99) – 1.000 m. casco urbán

As 17,30 h. ABSOLUTO, VETERÁNS, XUVENIL CADETE – 6.400 m. circuito

PREMIOS

* Haberá trofeo para o 1º clasificado e medalla para o 2º e 3º clasificado da categoría Senior.
* Nas carreiras de Veteranos, Xuvenil Cadete, Infantil, Alevin, Benxamín e Pitufos entregaranse medallas para os 3º primeiros clasificados

– Obsequiarase cunha camiseta aos 200 primeiros que cheguen á meta.

A entrega terá lugar na Praza do Conde Santo en torno ás 19,30 horas

Exhibición-Demostración de Oficios Tradicionais

Obradoiro de Quiastolitas

Seguindo coa liña iniciada na pasada edición, dende o comité organizador quíxose potenciar este apartado dentro do programa e para elo imos a contar cun espazo divulgativo dentro do claustro onde os visitantes, aparte de poder observar o traballo destes artesáns, poderán participar no traballo dos memos.

Por unha banda poderemos contar con dous artesáns, Clara Naseiro (madeira) e Ramón Villar (pedra), que forman parte da Asociación de Artesáns da Terra Cha, e na que realizarán diante do público pezas  artesanais en madeira (pezas de relevo de 50×40) e pedra (tallando pezas de 50x40x40), resultando moi agradable para o público poder seguir a evolución das figuras en ambos materiais co paso das horas. Ambolos dous teñen experiencia coma mestres artesáns, e  utilizarana para explicarlle a xente, dun modo informal, os distintos métodos de traballo, así coma a variedade de ferramenta que empregan. Asimesmo respaldarán este traballo cunha importante exposición de pezas e figuras.

Por outra banda Amo Brendebach, artesán alemán residente no veciño concello de Vegadeo, levará a cabo un obradoiro de quiastolitas onde os participantes experimentarán os traballos de pulido desta pedra de orixe celta, creando un elemento decorativo ou de regalo con este mineral.

O nome deste mineral provén da palabra griega ‘kiastós’, que significa ‘cruzado en aspa’ e que é froito da cristalización en forma de cruz. Técnicamente é un silicato de aluminio de gran dureza similar ao cuarzo. Os celtas empregaron esta pedra para identificarse entre sí como celtas xa que a utilizaban como contraseña “somos celtas”. A quiastolita foi e é unha pedra moi apreciada polo peregrinos xa que a levaron a todo o mundo como testigo da súa viaxe a Santiago de Compostela.

Festa Infantil con Inchables

Continaundo coa oferta de actividades lúdicas non nos olvidamos do público infantil que ano tras ano ven demandando esta xornada con inchables que terá  lugar na xornada do Domingo 3 de outubro (15,30 – 19,30 h.) e no que se instalarán unha serie de inchables que farán as delicias dos máis pequenos.

Lugar: Praza do Conde Santo (en caso de choiva trasladarase ao pavillón municipal).

9.2. Actuacións Musicais

Seguindo coa liña comezada en pasadas edicións na que tiveron lugar actuacións musicais de distinta índole, para esta edición non podíamos deixar de facer evidente o contar dentro do programa con espectáculos musicais que abrangueran distintos estilos, apoiando, como ben sendo habitual dende hai uns anos, a promocionar os grupos da comarca:

© Música de concerto a cargo do GRUPO DE IMPROVISACIÓN DO CONSERVATORIO DE VIVEIRO e ESCOLMA DE MEUS

©Música de rúa a cargo da CHARANGA MANCA NA CHEDA de Mondoñedo, CHARANGA GARRAFÓN de Chantada

©Música tradicional, a cargo da ESCOLA DE MÚSICA E DANZA “OSORIO GUTIÉRREZ,

©Actuación do Grupo folk LUAR NA LUBRE

Asimesmo comentar que a COMISIÓN DE FESTAS SAN MARCIAL  ten preparado un abano de actuacións musicais que complementarán o programa da propia festa ao longo das dúas xornadas.

Así o sábado día 2 contaremos con

* Animación de rúa a cargo da ASOCIACIÓN GAITA ESCOLA, de Vilanova de Lourenzá
* Festa-Verbena a cargo da orquestra TROVADORES

O domingo día 3 contaremos con:

* Animación de rúa do grupo de percusión TROPICO DE GRELOS – Santiago De Comspotela
* Festa-Verbena a cargo da orquestra LOS ESPAÑOLES

Escolma de Meus

ESCOLMA DE MEUS pódese entender como unha selección de amigos cun fin coincidente como “cantar con e para os demáis”. Está formado por compoñentes das orquestas e conxuntos de Viveiro (Pindaros, Dominantes, Variedades, Amor, e outras agrupacións do tempo).

Nace no ano 2004 coa idea de recopilar e cantar cancións propias populares de Viveiro que permanecen na sabiduría do pobo sin un rexistro libre para a súa interpretación por calquer interesado.

Inclúen no seu programa cancións de todos os tempos como boleros, habaneras, populares españolas, sudamericanas, cancións de ronda, etc. tratando de involucrar ao público nuns tempos non muy lonxanos.

O grupo actuou en diversas ocasións nos concellos de A Mariña así como de Asturias, inclusive na TVG, tendo ademáis gravado un DVD/CD promocional da Cidade de VIVEIRO co nome de “REGO DE SIDRO” que na actualidade está esgotado en espera dunha nova reedición. A idea do grupo é seguir como ata o de agora en tanto que os seus seguidores continúen dando ánimo e o desexen.

Trópico de Grelos (batuke galego)

Trópico de Grelos “Batuke Galego” é o proxecto de espectáculo máis consolidado de Trópico de Grelos, o show de percusión brasileira con centos de concertos dados pola xeografía de Galicia e doutros lugares. Trátase do “bloco” de percusión, conformado por trece percusionistas, interpretando temas dos principais estilos que se están tocando en Brasil na actualidade, como o Samba e o Samba Reggae, entre outros.

É un espectáculo ideal para a rúa, xa que non necesita amplificación, e pode presentarse de maneira estática ou para desfiles e pasarrúas.

Trópico de Grelos “Batuke Galego” é a percusión brasileira en Galicia que xa é sinónimo de festa e alegría. A potencia do conxunto de instrumentos de percusión consegue facer vibrar a todo o público polo que é un espectáculo apropiado para dinamizar festas, festivais ou eventos de calquera índole.

Na actualidade e debido ao crecemento do noso entorno social, ofrecemos unha variante maior deste espectáculo, cun maior número de músicos e cunha potencia sonora inigualable. Trátase de Trópico de Grelos “Batuke Galego Plus”.

Grupo de Improvisación do Conservatorio de Viveiro

Agrupación musical do Conservatorio Profesional de Música de Viveiro que foi fundada  polo profesor laurentino Lino Rico no ano 2001 para experimentar diversos estilos musicais diferentes ás ensinanzas clásicas. Nesta agrupación están representados todos os estilos, dende estándar de jazz, composicións propias, ata temas que marcaron época. O seu estilo podería denominarse jazz-pop. Actuaron en diversos concellos mariñáns e en centros musicais da Comunidade Autónoma

A agrupación está composta por:

-LINO RICO,  profesor de piano e acordeón no Conservatorio de Música de Viveiro, e tamén polifacético músico que fixo incursións en todo tipo de estilos, demostrando a súa versatilidade en todo tipo de agrupacións. No Conservatorio é o encargado da innovación na recentemente creada asignatura de conxunto, e tamén é Director do Grupo de Improvisación.

-FELIPE SÁNCHEZ, extraordinario guitarrista viveirense que demostrou dominar todo os estilos na guitarra clásica e especializouse sobre todo na música de jazz, á que aporta o seu peculiar estilo con este instrumento. É tamén o vocalista da agrupación.

– DAVID BELLAS, músico viveirense que destaca innovando na gaita galega, coa que gañou numerosos concursos dentro e fora da xeografía galega. Nesta agrupación toca o saxo tenor e saxo soprano, instrumentos nos que destaca polas súas excelentes improvisacións.

-JUAN CARLOS GARCÍA, profesor de clarinete do Conservatorio de Música de Viveiro, é un músico innovador e versátil, que destaca nas súas concepcións da didáctica musical. Nesta agrupación toca o baixo eléctrico.

-LUIS FELIPE BLASCO ALVAREZ, máis coñecido como “FINO” nome polo que quere que se lle chame a este extraordinario batería que veu dar a Viveiro das mans da orquestra Variedades. Colabora en varias agrupacións do Conservatorio donde aporta a frescura de un excelente músico que tocou todos os estilos e con moi variadas agrupacións.

Colabora:

-MAIKA ALONSO, recoñecida cantante asturiana especializada en eventos relixiosos, que colabora co Grupo de Improvisación en diversas actuacións. Forma parte do dúo “Maika y Johani” que desarrollan actividades musicais en toda sorte de programas culturais en concellos, asociacións e diferentes encontros da sociedade civil.

Escola de Música e Danza “Osorio Gutiérrez”

No ano 1985 crease a Asociación Cultural Osorio Gutiérrez (toma o nome do fundador da Vila, Conde Santo) co fin de difundir e dinamizar a cultura galega en xeral, nas súas distintas manifestacións, estando vencellada dende esta época á dinamización da vida cultural do Concello de Lourenzá.

Nos seus comezos tivo en funcionamento una escola de música e danza tradicionais con máis de 80 mozos e mozas, chegando a formarse un grupo de gaitas e baile tradicional e tamén una escola de teatro que representaba as súas obras no propio concello e os arredores. Participou en varias actuacións que tiveron lugar en varias vilas de Galicia, Asturias, León e mesmo no país veciño Portugal.

Tras a sucesión de diferentes directivas, a primeiros do ano 2006 xurden dificultades para crear una nova directiva non habendo ninguén que se queira poñer ao frente da mesma polo que son un grupo de nais as que se fan cargo pedíndolle colaboración ao Concello, o cal se amosa moi interesado e proponse a creación dunha Escola Municipal de Música e Danza tradicionais.

Deste maneira é como comeza a súa nova andaina, pasando a denominarse esta renovada agrupación como “Escola Municipal de Música e Danza Osorio Gutiérrez”. Entre as súas actividades actuais incluense as seguintes: actuacións do grupo de gaitas, baile e pendereteiras, actividades docentes cos grupos infantís e xuvenís de gaita, percusión e baile tradicional, canto e pandeireta, organización da Mostra Folklórica (celebrada o último fin de semana de agosto)

Luar na Lubre

No ano 1986 nace LUAR NA LUBRE na cidade de A Coruña, convertíndose co paso dos anos e o seu teimoso traballo, nunha das formacións máis prometedoras e referenciais da música feita na Galiza e en galego. O traballo que desenrola a banda está enfocado dende a óptica de entender que a música é un dos factores culturais máis importantes para a afirmación do dereito

á diferencia enriquecedora do pobo galego. O grupo pretende que na Galiza predomine a súa cultura, aínda que non rexeita influenzas que melloren a súa proposta, sen deturpar o carácter central do seu proxecto, que baséase fundamentalmente nas músicas de raiz e língua galegas, polo que adican especial atención ao estudo dos cancioneiros galegos, así como ao traballo de campo, que lles proporciona un fondo coñecemento sobre a realidade musical galega, que tamén se revela determinante nas composicións propias.

LUAR NA LUBRE é hoxendía a banda máis internacional da Galiza, así pois dende Palestina a Canada, e dende Arxentina a Alemaña, levan percorrido parte do planeta levando a cultura e a música da nos aterra a través da súa proposta. No ano 1992 coñeceron ao músico británico Mike Oldfield para o cal ofreceron un concerto privado nunha coñecida sala de concertos coruñesa. Dese improvisado concerto saiu unha amizade que ainda perdura e que se traduciu nunha relación que levou a Mike a facer unha versión de “O SON DO AR” composición de Bieito Romero, un dos temas máis emblemáticos de Luar Na Lubre e título do que no 1988 foi o seu primeiro L.P. Mike incluiuno no seu C.D. “Voyager” (1996) como tema 1. Esto foi determinante na carreira de Luar Na Lubre sendo un gran impulso á súa proposta que medrou cando o propio Mike os convidou no 1999 a realizar a xira “Then & Now” por diferentes cidades do estado con grande éxito e confirmándose como grupo “revelación”.

Entre as xiras por Galiza, estado español e mundo, no ano 2004 e dirixida por Ignacio Vilar, LUAR NA LUBRE gravou o seu primeiro DVD onde se recolle parte da súa traxectoria e vivencias. Unha experiencia magnífica, onde se combinan as paisaxes do noso país, a música do grupo e as anécdotas persoais de cada un dos seus membros. É destacabel tamén a incorporación da nova voz do grupo. Tras a estela de Ana Espinosa e Rosa Cedrón, chega a doce e persoal voz da lisboeta Sara Vidal, que confirma un aporte de frescura e nitidez á nova etapa da banda.

10. RESUMO DA PROGRAMACIÓN 2010

VENRES 1

20,00 h.  Conferencia  “Estratexias para unha producción sostible da Faba” a cargo de Miguel A. Fueyo (investigador e pregoeiro da XX Festa da Faba)

Lugar: Salón  de Actos da Casa da Cultura

SÁBADO 2

11,30 h.  Apertura Feria Exposición

Lugar: Claustro Mosteiro San Salvador

Apertura das Casetas dos Fabeiros

Lugar: Cantón

Apertura Centro de Interpretación da Faba

Apertura Exposicións

Exposición  “20º Aniversario festa da Faba”

Lugar: Sala de Exposicións da Casa da Cultura

Exposición do “XIV Concurso Fotográfico Festa da Faba”

Lugar: Claustro Mosteiro San Salvador

Pasarúas a cargo da CHARANGA MANCA NA CHEDA

EXHIBICIÓN e DEMOSTRACIÓN  DE MADEIRA E PEDRA a cargo de Clara Naseiro e Ramón Villar, integrantes da Asociación de Artesáns de Terra Cha

OBRADOIRO DE QUIASTOLITAS, a cargo do artesán Amo Brendebach

Animación de rúa a cargo da Asociación Cultural “GAITAESCOLA” – Vilanova Lourenzá (San Marcial)

12,30 h.  PREGÓN. A cargo de D. MIGUEL FUEYO (investigador)

Lugar: Salón de Actos da Casa da Cultura

12,45 h. Actuación  a cargo dun grupo musical

Lugar: Kiosko da Música no Cantón

13,00 h ACTO DE INAUGURACIÓN OFICIAL da XX FESTA DA FABA a cargo do Conselleiro de Medio Rural, Excmo Sr. D. Samuel Juárez Casado.

Percorrido polas casetas dos fabeiros

Lugar: Cantón

13,30 h. DEGUSTACIÓN DA FABA DE LOURENZÁ

En carpa e con viño denominación de orixe “Ribeira Sacra” de ADEGAS VALCAR

Lugar: Praza do Conde Santo

14,00 h.  Xantar da 3ª Idade

16,30 h. I CARREIRA POPULAR “VAL DAS FABAS”

17,30   EXHIBICIÓN e DEMOSTRACIÓN  DE MADEIRA E PEDRA a cargo de Clara Naseiro e Ramón Villar, integrantes da Asociación de Artesáns de Terra Cha

OBRADOIRO DE QUIASTOLITAS  a cargo do artesán Albert Brendebach

18,00 h. Actuación do GRUPO DE IMPROVISACIÓN DO CONCERVATORIO DE VIVEIRO

Lugar: Claustro do Mosteiro San Salvador (en caso de choiva na carpa do Cantón)

19,30 h. Entrega de premios da I Carreira Popular “Val das Fabas”,

Lugar: Claustro do Mosteiro San Salvador

20,00 h. Acto de recoñecemento “20 anos Faba de Lourenzá”

20,30 h. Peche da Feira Exposición

22,30 h.  Festa verbena a cargo da orquestra TROVADORES (San Marcial)

Lugar: Cantón

DOMINGO 3

08,00 h.  Apertura Mercado Fabas – venda ao por maior

Lugar: Recinto Mercado Comarcal

10,00 h. Apertura das Casetas dos Fabeiros (Cantón)

11,00 h.  Apertura

o Centro de Interpretación da Faba
o Feira Exposición

Lugar: Claustro do Mosteiro San Salvador

o Exposición “20º Aniversario Festa da Faba”

Lugar: Sala de Exposicións Casa da Cultura

Pasarúas a cargo da CHARANGA GARRAFÓN

12,00 h.  EXHIBICIÓN e DEMOSTRACIÓN  DE MADEIRA E PEDRA a cargo de Clara Naseiro e Ramón Villar, integrantes da Asociación de Artesáns de Terra Chá

OBRADOIRO DE QUIASTOLITAS  a cargo do artesán Albert Brendebach (dirixido a público infantil e adulto)

Actuación do grupo de percusión TRÓPICO DE GRELOS – Santiago Compostela (San Marcial)

12,30 h. Actuación da ESCOLA DE MÚSICA OSORIO GUTIÉRREZ

Lugar: Claustro do Mosteiro San Salvador

13,00 h. COMIDA POPULAR – MENÚS con FABA DE LOURENZÁ

En carpa e con viño denominación de orixe “Ribeira Sacra” de ADEGAS VALCAR

Lugar: Praza do Conde Santo

13,30 h. Sesión vermut a cargo da orquestra LOS ESPAÑOLES (San Marcial)

Lugar: Praza do Conde Santo

15,30 h. Festa Infantil con Inchables

Lugar: Praza do Conde Santo (en caso de choiva trasladarase ao pavillón)

16,30 h. Actuación do grupo de percusión TRÓPICO DE GRELOS – Santiago Compostela (San Marcial)

17,00 h. EXHIBICIÓN e DEMOSTRACIÓN  DE MADEIRA E PEDRA a cargo de Clara Naseiro e Ramón Villar, integrantes da Asociación de Artesáns de Terra Cha

OBRADOIRO DE QUIASTOLITAS  a cargo do artesán Amo Brendebach

18,00 h. Actuación de ESCOLMA DE MEUS

Lugar: Claustro do Mosteiro San Salvador

19,00 h. Entrega de premios do “Concurso Tapas con Fabas” así como do “XIV Concurso Fotográfico Festa da Faba”

Lugar: Claustro do Mosteiro San Salvador

19,30h.  Peche da XX Festa da Faba

20,00 h. Actuación do grupo Folk LUAR NA LUBRE

Lugar: Mosteiro San Salvador

22,30 h.  Festa verbena a cargo da orquestra LOS ESPAÑOLES (San Marcial)

Lugar: Cantón

Os establecementos hosteleiros de Lourenzá ofrecerán tapas con fabas dende o venres día 1 ata o domingo día 3.

máis información

web concello: www.concellodelourenza.es

contactos

concello de Lourenzá  concello.lourenza@eidolocal.es tel. 982 12 15 52

organización   info@oxemsl.com   tel. 663 811 412

11. ORGANIZADORES, COLABORADORES

Es posible que tu navegador no permita visualizar esta imagen.

FINANCIADO POR_______________________________________________________________________________

Es posible que tu navegador no permita visualizar esta imagen.
. COLABORAN_______________________________________________________________________________

Es posible que tu navegador no permita visualizar esta imagen.

Exit mobile version