Site icon Crónica3.com A Mariña

Máis de medio cento de persoas asisten ás XIII Xornadas Ambientais en Ribadeo

Nota de Prensa

MÁIS DE MEDIO CENTO DE PERSOAS ASISTEN ÁS XIII XORNADAS AMBIENTAIS QUE SE CELEBRAN DESDE HOXE EN RIBADEO. UN EVENTO NO QUE SE ABORDAN CUESTIÓNS COMA O PLAN DE ORDENACIÓN DO LITORAL, O TURISMO, A RÍA DE RIBADEO OU O URBANISMO SOSTIBLE.

Ribadeo, 13 de setembro de 2010. Máis de medio cento de persoas asisten ás XIII Xornadas Ambientais que se celebran desde hoxe en Ribadeo, no auditorio Hernán Naval e que analizan a Xestión sustentable do patrimonio natural de Galicia.

O alcalde de Ribadeo manifestou que “no día de hoxe dan comezo estas XIII Xornadas Ambientais, decanas en Galicia. A pesares da súa lonxevidade desde o Concello e desde área de Medio Ambiente queremos mantelas novas, frescas e orientándoas sempre cara os temas de maior interés. Por iso é de agradecer o patrocinio da Xunta e de colaboradores como Aquagest, Os Irmandiños, Urbaser, Ence, O Catalán, Os Molineros…”.

Fernando Suárez dixo que “é un evento no que está a participar bastante xente do mundo da educación, profesores e alumnos, como tamén outras persoas de Ribadeo interesadas polo debate entorno ao medio ambiente e a sostibilidade. E temos bós exemplos diso, como a aprobación inicial por parte da Xunta do Plan de Ordenación do Litoral que está a dar bastante que falar, contaremos co director xeral de Sostibilidade e Paisaxe para que nos poida aclarar diferentes extremos sobre esta cuestión”.  O rexedor engadiu que “tamén se vai falar do turismo sostible, e temos unha boa proba aquí en Ribadeo con toda a marea de visitas que xenera a praia de As Catedrais e vaise analizar o modelo de urbanismo sostible con exemplos do que se debe e do que non se debe facer, centrado no que se fixo nestes últimos anos en moitas zonas ben cercanas á nosa e tamén diferentes aspectos sobre o cuidado da ría de Ribadeo, magnífica ría, pero que adoece de diferentes problemáticas que analizarán diversos persoeiros tanto de Asturias como de Galicia”.

Suárez Barcia convidou “a que as persoas que queiran asistir de ouvintes poidan facelo sen problema. As Xornadas Ambientais tamén coinciden no día de hoxe coa sinatura dun convenio moi importante entre os diferentes concellos da marxe galega e da marxe asturiana da ría, que arredor desta asociación de Concellos da reserva da biosfera do río Eo, Oscos e Terras de Burón e o Ministerio de Medio Ambiente, Rural e Mariño por importe de 2 millóns de euros. É moito diñeiro, pero tamén somos moitos concellos, moita poboación e moita extensión, pero será sempre bó. En Ribadeo queremos sacarlle todo o zume posible de cara a que os recursos se poidan canalizar de xeito moi importante para o noso concello e estaremos moi atentos sobre todo isto”.

Exit mobile version