Site icon Crónica3.com A Mariña

Membros da Comisión Focega en Defensa da Sanidade pecharonse no Centro de Saude para que os reciba a conselleira

NOTA DE PRENSA

Na tarde de onte varios membros da Comisión Focega en Defensa da Sanidade publica permaneceron nun peche voluntario no Centro de Saúde de Foz por espacio de algo mais de dúas horas.

Este peche foi a primeira de unha serie de accións que teñen previsto levar a cabo co fin de conseguir que os reciba a Conselleira de Sanidade. Levan preto de un ano esperando por esta prometida reunión, a cal xa solicitaron en varias ocasións.

Tamén remitiron a Conselleira de Sanidade a seguinte carta:

Foz a 30 de Setembro de 2010

Estimada Conselleira.

Por medio da presente queremos comunicarlle que por falta de resposta as nosas solicitudes de manter unha xuntanza con Vostede, vamos a acudir o vindeiro día 13 de Outubro do 2010 as 11 horas a Consellería de Sanidade, para así poder manter dita xuntanza. Xuntanza que levamos agardando case un ano.

E non nos parece correcto que en todo este tempo non recibísemos ningunha contestación uns representantes de 7.952 veciños de un Concello de 10.000 habitantes.

Si antes desa data que lle dicimos non temos contestación, aí nos terá.

Atentamente.

Exit mobile version