Site icon Crónica3.com A Mariña

Daniel, de os Billardeiros Musicais, gañou en Burela o Aberto do Bonito da liga nacional de billarda

Nota de Presa

No parque Rosalía de Castro de Burela celebrouse o sábado 18 a  primeira xornada puntuable da LNB da conferencia NorLeste (area da Mariña) co “II Aberto do Bonito”.  Malia a ausencia de varios palanadores habituais, xuntouse unha boa morea de xente que deu calor e color a un encontro xogado a dúas pistas simultaneas, para maior lixereza e vistosidade ao xogo nunha cancha de reducidas dimensións.     A final, foi unha repetición da xogada o ano anterior:  Hugo, Eric e Daniel, que deixaron na cuneta a Ginés, Guille e Xermán respectivamente, disputaron unha reñida eliminatoria a tres carreiras que finalmente se decantou a favor de Daniel, tendo nembargantes que disputar un desempate con Eric que non llo puxo nada doado.     Convertíronse na xornada un total de 7 varados (xogada consistente en introducila billarda no varal de un solo golpe).    Houbo premio para os tres finalistas  e por riba, o gañador obtivo ademais un bonito, entregado polo colectivo “O Buril” que foron os encargados da organización do trofeo e que forman xa parte activa da serpe multicolor da LNB.    As clasificción logo desta competida 1ª xornada quedan como sigue:

NOME EQUIPO PUNTOS
DANIEL BILLARD. MUSICAIS 29
ERIC OS OUTROS 26
HUGO BILLARD. MUSICAIS 22
XERMAN EKIPA-BITERE 19
GUILLE OS OUTROS 17
BORXA MADIA LEVA 15
ANDRES A. BILLARD. MUSICAIS 14
GENI OS OUTROS 14
GINES REMOURELLE BULLS 14
REYES OS OUTROS 11
ISABEL OS OUTROS 9
MARKYTOS BILLARD. MUSICAIS 9
MARTINHO REMOURELLE BULLS 9
MOISES REMOURELLE BULLS 9
ELENA OS OUTROS 8
JOSE OS OUTROS 8
JOSE MANUEL EKIPA-BITERE 8
LOLA OS OUTROS 8
MANU OS OUTROS 7
MARCOS REMOURELLE BULLS 6
ANDRES R. REMOURELLE BULLS 5
FRANCO BILLARD. MUSICAIS 5
JULIO BILLARD. MUSICAIS 5
ROBERTO O BURIL 5
PABLO O BURIL 4
ARTURO REMOURELLE BULLS 3
XAN MADIA LEVA 2
JOSE MARIA OS OUTROS 1
MANUEL EKIPA-BITERE 1
MATIAS O BURIL 1
ROSANA O BURIL 1
EQUIPOS
BILLARDEIROS MUSICAIS 11
OS OUTROS 11
REMOURELLE BULLS 7
EKIPA-BITERE 5
O BURIL 4
MADIA LEVA 3
VARADOS
DANIEL BILLARDEIROS MUSICAIS 3
ERIC OS OUTROS 2
ANDRES A. BILLARDEIROS MUSICAIS 1
GINES REMOURELLE BULLS 1
Exit mobile version