Site icon Crónica3.com A Mariña

O goberno galego e o do concello solventaran a situación urbanística de Barreiros, asegura o alcalde

Nota e Prensa

FUENTE PARGA VALORA DE XEITO POSITIVO A DECLARACIÓN DE INCIDENCIA SUPRAMUNICIPAL DO PLAN SECTORIAL PARA A MELLORA E AMPLIACIÓN DOS SERVIZOS BÁSICOS NO CONCELLO APROBADA HOXE NO CONSELLO DA XUNTA. O ALCALDE ASEGURA QUE SERÁ O PP NO GOBERNO GALEGO E NO CONCELLO O QUE SOLVENTE A SITUACIÓN URBANÍSTICA QUE VIVE O MUNICIPIO.
Barreiros, 23 de setembro de 2010. O alcalde de Barreiros, Alfonso Fuente, valora de xeito positivo a declaración de incidencia supramunicipal do plan sectorial para a mellora e ampliación dos servizos básicos no concello aprobada hoxe no Consello da Xunta. Fuente Parga agarda que se vaian cumprindo os prazos previstos e que se reactive a economía en Barreiros.
O rexedor aseguraba esta tarde que “a valoración que poido facer é positiva porque se ven de aprobar ese plan sectorial de incidencia supramunicipal que estaba recollido no convenio asinado o 20 de abril e que lle ven dar continuidade. É certo que quizáis non vaia todo o rápido que desexarían os promotores, pero sí que vai na boa liña de chegar á solución que todos esperamos, non só os promotores, senón os veciños aos que lles quedaron as vendas de fincas a medias e esa xente que quedou sen traballo. Todos agardamos que a actividade económica se reactive para que se volten crear empregos”.
Alfonso Fuente sinalaba que “despois deste paso eu agardo que se cumpran eses dous meses que xa nos ten dito a Consellería que tardaría en aprobarse definitivamente este plan sectorial e logo de cara a principios do vindeiro ano, tal e como recolle o propio convenio, se poidan empezar a adxudicar eses proxectos tan desexados e que tamén crearán emprego no noso concello e que van deixar uns resultados envexables en canto a saneamentos, ampliación de depuradoras, beirarrúas en todos os núcleos urbanos… a economía tamén se reactivará con toda esta obra pública, cando se fala de 14 millóns de investimento suporán a mellora da economía no noso concello”.
Críticas do PSOE
O alcalde tamén aludía ás declaracións que se viñeron facendo estes días por parte do socialista Ismael Rego, “eu non quixen contestarlle porque a min o que me vale é o que sae publicado no Diario Oficial de Galicia e o que se aproba no Consello da Xunta, o que se publica nos medios de comunicación é palabrería e demáis. Eu seguín traballando no convenio como hai que facelo sen máis alardes que buscar unha solución a un problema creado por xente que acompañaba ao señor Rego na Xunta naquel momento. E lle dea as voltas que lle dea eles crearon o problema e o PP na Xunta e no Concello van resolver todo esto e insisto ao mellor non coa celeridade que todos quixéramos, pero sí que estamos dando pasos na boa dirección. Eso é o que hai que facer traballar na boa dirección non traballar na dirección contraria e agora criticar aos que tentan solucionar o problema”.

Exit mobile version