Site icon Crónica3.com A Mariña

O alcalde de considera moi positiva a tempada de verán nos areais de Burela

Nota de prensa:
LLANO FAI UN BALANCE MOI POSITIVO DA TEMPADA DE VERÁN NOS AREAIS DE BURELA. HOXE REMATAN O SEU TRABALLO OS 12 SOCORRISTAS QUE VELARON POLA SEGURIDADE DOS BAÑISTAS ESTES MESES.

Burela, 21 de setembro de 2010. O alcalde, Alfredo Llano, fai un balance moi positivo da tempada de verán nos areais de Burela. Hoxe rematan o seu traballo os 12 socorristas que estiveron a velar pola seguridade dos bañistas estes meses e a finais de mes comezarán algunhas obras na praia de A Marosa.

O rexedor suliñou que “a partires de hoxe xa non contaremos con socorristas nas praias de Burela debido a que rematan a tempada de verán. Este ano tivemos 12, 10 contratados a través dos plans de cooperación e 2 polo Concello. Con eles tentamos dar cumprimento ás esixencias das bandeiras azuis nas praias de A Marosa, O Portelo e Ril e dos galardóns de medio ambiente como a ISO 14.001. Houbo unha cantidade enorme de xente este ano, recibimos moitos visitantes, penso que foi o ano que máis xente tivemos nas nosas praias, no mes de agosto sobre todo porque o tempo acompañou”. Llano contou que “todos estes meses non houbo grandes incidencias, algunha chamada de atención aos bañistas e o máis destacado foi o desvanecemento dunha persoa maior na area, inmediatamente foron os socorristas a atendelo e non foi a maiores. A actuación dos socorristas e do persoal médico foi fundamental”.

Alfredo Llano pensa que “cara o futuro esta tendencia de haber maiores cantidades de bañistas irá en aumento, Burela será un atractivo turístico no futuro. Recibimos a moita xente do sur do país que escapa das altas temperaturas que sofren nesas zonas. Esto gusta moito noutros lugares. As nosas praias, tal e como están concebidas e con todos os recoñecementos que reciben, ademáis da cantidade de hoteis que se están a preparar en Burela, farán que sexamos un atractivo fundamental no verán nos vindeiros anos”.

O alcalde engadiu que “hai que aproveitar o remate da campaña de verán para facer obras na Marosa, onde imos soterrar unha tubería de pluviais para reducir o impacto que pode ocasionar na zona. Os traballos iniciaranse en breve”.

Pacto territorial polo emprego

Llano anunciou que o vindeiro 23 de setembro ás 18 horas na Casa da Cultura de Foz terá lugar unha asamblea xeral da asociación impulsora do Pacto Territorial polo Emprego que él preside. O obxectivo é proceder á renovación da xunta directiva.

Exit mobile version