Site icon Crónica3.com A Mariña

Para o alcalde de Ribadeo as acusacións sobre irregularidades son de “camicaces e talibáns”

Nota de Prensa

FERNANDO SUÁREZ ASEGURA QUE AS OBRAS DA TRAVESÍA MARCHAN A BÓ  RITMO E SEN QUEIXAS VECIÑAIS. O REXEDOR TILDA DE CAMICACES E TALIBÁNS AOS SOCIALISTAS QUE DÍAS ATRÁS FALARON DE SUPOSTAS IRREGULARIDADES.

Ribadeo, 23 de setembro de 2010. O alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, asegura que as obras da travesía marchan a moi bó ritmo e sen queixas veciñais. O rexedor tilda de camicaces e talibáns aos socialistas tras as acusacións sobre supostas irregularidades realizadas estes días.

Suárez Barcia manifestou que “despois destas grandilocuentes e magnificadas declaracións ás que xa nos ten afeitos o señor López, xa que tal e como parece non vai voltar a presentarse ás eleccións ao igual que o seu compañeiro Balbino Pérez, entón se adican a ser camicaces e auténticos talibáns da causa política local con ánimo única e exclusivamente de desgastar a este alcalde e ao equipo de goberno”. Ao alcalde parécelle que “lles da moita rabia que se fagan cousas, porque a cada pouco aparece un suposto escándalo que logo queda reducido a nada. E desta vez acusan ao Concello de non estar enterado de que a empresa adxudicataria das obras da travesía subcontratou algúns traballos. Como lles dixen o outro día no pleno, o alcalde non ten porque ter na cabeza todos os datos, detalles e datas, a lei me faculta para contestar no pleno seguinte para recabar información dos técnicos municipais, que para iso cobran as nóminas de funcionarios que son para asesorar e informar ao alcalde de todas as cuestións”.

Fernando Suárez dixo que “todas as empresas que traballan para o Concello teñen que cumprir a lei de contratos e polo tanto esta empresa adxudicataria hai varios días presentou a documentación de coordinación de seguridade e saúde e advirte e identifica á subcontrata coa que vai traballar. Paréceme moi deplorable esta actitude do PSOE de desgaste que está a producir uns danos colaterais en moita xente… eles saberán o que están a facer”.

O rexedor de Ribadeo subliñou que “a obra está indo moi ben, a moi bó ritmo, levamos o 10% da obra executada de momento e ten que estar a finais de ano unha parte importante feita. Non hai queixas dos veciños, aténdense as reclamacións de maneira inmediata para que se xeneren as menores molestias posibles e iso é o que precisamente lle preocupa ao PSOE local, que saian as cousas ben, teñen que a calquera prezo reventar todas as cuestións”. Suárez Barcia lembrou que “como todos gobernamos e eles tamén o fixeron ata hai catro días, cando gobernaba Pérez Vacas eu mesmo tiven que mediar nunha situación dunha obra que adxudicou a unha empresa de fóra, non como agora que é de aquí, e dita firma contratou a uns brasileiros aos que nin con contratos nin con papeis nin con nada despois lles querían pagar e despois de estar esta xentiña catro ou cinco días sentados no banco do parque protestando tiven que mediar eu para que a empresa principal lles subcontratara iso. E daquela nin o señor López Pérez nin o señor Pérez Vacas se acordaban de nada e tampouco din nada do polígono industrial, que executa o ministerio que é da súa mesma cor política e que aí, menos a empresa adxucataria, debeu traballar a ONU, en canto a cores, razas, relixións e procedencias e tampouco dixeron nada”.

Fernando Suárez insistiu en que “no caso que nos ocupa a empresa terá que cumprir a lei lóxicamente, pero alégrome que nas partes que teña que subcontratar que contrate a xente de aquí, diso sí que me alegro porque as cousas non están nada ben económicamente e prefiro que contraten a xente de aquí e non de fora e iso parace ser que o que lles preocupa aos señores López Pérez e Pérez Vacas”.

Exit mobile version