Site icon Crónica3.com A Mariña

O BNG acusa de escurantismo e escapismo á Xunta e ao concello porque nada se sabe plan de incidencia supramunicipal

Nota de Prensa

O BNG ACUSA DE OSCURANTISMO E ESCAPISMO Á XUNTA E AO CONCELLO DE BARREIROS ANTE A FALLA DE INFORMACIÓN SOBRE O PLAN SECTORIAL DE INCIDENCIA SUPRAMUNICIPAL. OS NACIONALISTAS QUEREN SABER QUÉ SERVIZOS CONTEMPLA, CÁNDO SE PORÁN EN MARCHA E A QUÉ VECIÑOS IRÁN DESTINADOS.

Barreiros, 23 de setembro de 2010. O BNG acusa de oscurantismo e escapismo á Xunta e ao Concello porque de momento nada se sabe do tan anunciado plan sectorial de incidencia supramunicipal para as parroquias de San Cosme, San Miguel, San Pedro e Reinante. Os nacionalistas queren saber qué servizos contempla, cándo se porán en marcha e a qué veciños irán destinados.

Os nacionalistas sinalan que “para o BNG ao igual que para moitos veciños a situación na que se atopa o Concello a nivel urbanístico segue a ser preocupante porque quen ten que dar información non o fai. Estamos falando do plan sectorial de incidencia supramunicipal que levaba aparellados catro proxectos para San Cosme, San Miguel, San Pedro e Reinante. Pensamos que hai un exercizo de oscurantismo e de escapismo tanto por parte do Concello como por parte da Xunta, parece ser que entre estas dúas institucións ou hai un diálogo de xordos ou non hai ningún tipo de diálogo. E alguén está a xogar coa paciencia dos veciños de Barreiros e nós o que queremos saber, ao igual que todos os veciños, e así o imos facer no vindeiro pleno no que instaremos ao Concello a que poña enriba da mesa todo o que rodea a este largo asunto dos plans sectorais que se ían desenvolver nesas parroquias”.

Desde o grupo municipal do BNG subliñan que “o que se pregunta a xente é qué servizos se van poñer en marcha, si serán servizos para a totalidade destas parroquias ou só para as grandes urbanizacións construidas nestas zonas. Iso é o que nos ten que aclarar o Concello e o seu alcalde e tamén a Xunta, porque no propio convenio na súa estipulación cuarta di que é competencia da Xunta definir os prazos dese plan sectorial, as súas características e o seu dimensionado así coma o dimensionado das edificacións ás que teña que servir a obra edificadora. E a estas alturas se iso non o sabe nin o propio alcalde e se a Xunta non o quere dicir é que algo están a agochar e aos veciños desas parroquias o que lles importa é que lles dean servizos á totalidade das vivendas que hai alí e non só exclusivamente a esas grandes promocións que precisamente eran elas as que tiñan que poñer os servizos e non os puxeron, dado que o Concello lles deu o seu beneplácito, ousexa a licencia para poder facelo así e agora o imos ter que pagar cos cartos de todos e todas”.

O BNG de Barreiros quere que “haxa luz sobre este asunto e por iso esiximos que no vindeiro pleno se aclare o que está a acontecer con este tan traído e levado plan sectorial de incidencia supramunicipal que parece ser que se vai ir ao limbo, porque se falaba de actuar a curto ou medio prazo, dado que na propia memoria do convenio se recoñece que co PXOM de Barreiros, que se licitou en outubro de 2009, sería imposible conseguir unha solución para Barreiros. Non chegamos a entender que é para a Xunta e para o Concello ese curto ou medio prazo, porque pasa o ano e non se viu nin unha soa proposta de actuación nin do Concello nin da Xunta, xa que son os que teñen que elaborar conxuntamente eses plans sectoriais que recolle o plan de incidencia supramunicipal”.

Exit mobile version