Site icon Crónica3.com A Mariña

O Centrad retoma a programación oficial de obradoiros ofertando tres novos cursos

Nota de Prensa
O CENTRAD retoma a programación oficial de obradoiros marcada polo 100% de participación

– Arrincan, con todas as prazas cubertas, os cursos de cestaría de palla, fusing e termoformado de vidro, e oleiría de Bonxe
– Máis de 360 persoas, o máximo permitido e o ofertado, se beneficiaron das 51 xornadas formativas celebradas dende febreiro

O Centro de Artesanía e Deseño, dependente da Deputación, retomou este luns a programación oficial de obradoiros coa posta en marcha de tres novos cursos sobre cestaría, vidro e cerámica. 26 novos alumnos, o máximo permitido e o ofertado, participan nestas xornadas formativas. Deste xeito, o CENTRAD prosegue con esta exitosa programación marcada polo 100% da participación logo de cubrir todas as prazas dos cursos celebrados dende a súa posta en marcha en febreiro.

Máis de 360 persoas, concretamente 361, se beneficiaron dos 51 cursos de cestaría, xoiería, coiro, cerámica, téxtil, vidro e restauración de mobles convocados ata o momento. Xunto ás xornadas que arrincaron hoxe, o CENTRAD oferta ata decembro outros 18 novos obradoiros para 150 persoas. O prazo de incrición xa está aberto. Para anotarse só é preciso achegarse ás instalacións do Centro de Artesanía e Deseño ou ben chamar ó numero 982-21-00-66.

Ó respecto dos cursos que comezaron este luns, -cestaría de palla, fusing e termoformado de vidro, e oleiría de Bonxe-, o seu horario é o seguinte: dende ás 10:00 ata ás 14:00 horas pola mañá, e de 16:30 ás 20:30 horas pola tarde. Os seus participantes, ademais de elaborar distintas pezas de artesanía, están a coñecer innovadoras técnicas de moldeado de vidro.

Exit mobile version