Site icon Crónica3.com A Mariña

O concello de Cervo e a asociación de veciños promoven melloras en pistas de O Pereiro e Ponte de Rúa

Nota de Prensa

O CONCELLO PROMOVE A MELLORA DE DÚAS PISTAS DE RÚA EN COLABORACIÓN COA ASOCIACIÓN VECIÑAL DESTE NÚCLEO DE POBOACIÓN

* A iniciativa conxunta fraguouse mediante a elaboración por parte do Concello do proxecto técnico destas dúas actuacións e que posteriormente foi utilizado pola asociación veciñal para optar aos programas provinciais de colaboración con entidades veciñais

* O Concello colaborará  ademais facendo fronte á cantidade que debería aportar a Asociación de Veciños, que ronda os 4.000 euros

Cervo, 6 de setembro de 2010.- O Concello de Cervo promove a pavimentación de dúas pistas en O Pereiro e na Ponte de Rúa en colaboración coa asociación de veciños desta parroquia cervense.

Segundo indicou Yolanda Pedreira, concelleira do grupo de Goberno local, a iniciativa conxunta entre Concello e representantes veciñais fraguouse a través do alcalde pedáneo deste núcleo de poboación e nun primeiro momento materializouse mediante a elaboración por parte do Concello do proxecto técnico destas dúas actuacións, o cal foi posteriormente utilizado pola asociación de Rúa para optar aos programas provinciais de colaboración con entidades veciñais.

COMPROMISO MUNICIPAL

A este respecto a representante local sinalou que no día de hoxe representantes da asociación veciñal de Rúa veñen de comunicarlle ao Concello a confirmación dunha axuda económica por parte do ente provincial de algo máis de 11.800 euros para levar adiante estes traballos “e o Concello colaborará aportando a cantidade restante para poder levar adiante estas obras -e que en principio lle correspondería aportar á Asociación de Veciños- posto que se trata da mellora dunhas infraestruturas moi demandadas polos habitantes deste núcleo de poboación” salientou Pedreira.

OBRAS

As obras a realizar consistirán na mellora e adecuación das pistas de Ponte de Rúa a Lombo e no Pereiro, ambas na parroquia de Rúa. Na actualidade estas pistas atópanse en mal estado por mor do desgaste e das choivas sufridas na primavera pasada. Para subsanar o seu deterioro realizarase unha actuación consistente no acondicionamento e pavimentación a base de triplo rego asfáltico. Estes traballos de asfaltado traerán aparellados ademais obras previas de explanación dos dous trazados e a construción de tajeas para canalizar as augas pluviais ao longo dos seus respectivos traxectos. O orzamento final destes traballos ascende a preto de 16.000 euros.

Exit mobile version