Site icon Crónica3.com A Mariña

O concello de Ribadeo oferta 10 especialidades nas escolas deportivas municipais

Nota de Prensa

OS NENOS E AS NENAS DE RIBADEO PODERÁN DISFRUTAR ESTE CURSO DE 10 ESCOLAS DEPORTIVAS MUNICIPAIS. AS NOVIDADES DESTA TEMPADA SON ATLETISMO, TENIS DE MESA E KÁRATE. O PRAZO DE INSCRICIÓN ÁBRESE O VINDEIRO MÉRCORES.

Ribadeo, 13 de setembro de 2010. Os nenos e as nenas de Ribadeo poderán disfrutar este de curso de 10 escolas deportivas municipais. O prazo de inscrición abrirase o vindeiro mércores 15 de setembro na OMIX en horario de 9 a 14 horas. Desde a Delegación de Deportes subliñan que “terán que apuntarse nas instalacións da propia OMIX, non será válido facelo por teléfono”. E engaden que “nas escolas con límite de prazas terán preferencia os empadroados ou escolarizados en Ribadeo, seguindo a orde de inscrición da OMIX”.

As modalidades que se ofrecerán son: natación, fútbol-sala, tenis, baloncesto, patinaxe, ximnasia rítmia, fútbol, atletismo, tenis de mesa e kárate (éstas tres últimas son as novidades desta tempada). A presentación da escola deportiva de fútbol terá lugar o vindeiro sábado 18 de setembro ás 12 da mañá e a escola de baloncesto dará comezo o 21 de setembro. O resto iránse iniciando entre o 1 e o 15 de outubro.

Exit mobile version