Site icon Crónica3.com A Mariña

O concello pegou en árbores do parque Rosalía de Castro anuncios da semana sen coches, asegura o PP de Burela

Nota de Prensa

O GMPP acusa ó concello de colocar escritos municipais pegados a árbores do parque Rosalía de Castro.

Os populares piden a súa retirada inmediata e que o alcalde pida disculpas.

Afirman que esa é o xeito de facer política medioambiental do bipartito.

O Grupo Municipal do Partido Popular (GMPP) de Burela acusou hoxe ó alcalde de ser mui pouco respectuoso co medio ambiente, dado que o concello tivo a osadía de pegar, con celo e en árbores do parque Rosalía de Castro, escritos anunciadores dos actos da semana sen coches. De feito, hai dous escritos que a día de hoxe, luns, aínda non foron retirados.

Para os populares, é realmente inadmisible que un alcalde que se precie de ser alcalde acepte e consinta que se coloquen cartéis en árbores. E estamos seguros que o alcalde tivo que velos, porque as árbores están prantadas xustamente ó lado da acera da Rua Rosalía de Castro, e el vive non mui lonxe de aí. Pero claro, non é cego quen non ve, senon quen non quere ver.

Os populares entenden que esta forma de actuar é consecuente co pasotismo do bipartito e do alcalde: moita foto e moito populismo, moito facerse o simpático, pero colócanse cartéis nas farolas do alumiado público, péganse cartéis nos contedores de lixo, etc., o que da unha imaxe realmente pobre das capacidades de actuación mediambiental do bipartito.

Os nenos e nenas de Burela puideron participar nun día sencoches pólas ruas de Burela, pero tiveron a desgracia de ver anuncios pegados ás árbores do parque no que habitualmente xogan. Peor ainda é que, pasada máis de unha semana do día sen coches, ainda non foran retirados das árbores do parque os dichosos escritos. Desde o PP piden a retirada inmediata dos carteliños e que alcalde dea as pertinentes explicaciòns ó respecto.

Exit mobile version