Site icon Crónica3.com A Mariña

Cubertas 12 das 20 prazas do curso de patrón de embarcacións que organiza o concello de Burela

Nota de prensa:
DOCE PERSOAS XA SE ANOTARON PARA ASISTIR AO TERCEIRO CURSO DE PATRÓN DE EMBARCACIÓNS DEPORTIVAS A MOTOR QUE ORGANIZA A CONCELLARÍA DO MAR DE BURELA.

Burela, 14 de setembro de 2010. O venres remata o prazo de inscrición no terceiro curso de patrón de embarcacións deportivas a motor que organiza a Concellaría do Mar de Burela. Segundo os datos facilitados por Remedios López “a día de hoxe temos xa 12 persoas anotadas para participar, pero aínda quedan prazas libres”. A formación teórica impartirase nas aulas de Expomar o vindeiro venres 17 de setembro a partires das sete da tarde e o sábado 18 haberá unha pequena proba de coñecementos básicos a partires das dez da mañá e despois seguirá a formación práctica nunha lancha no peirao de Burela, si o tempo o permite.

O curso para a obtención do denominado titulín está limitado a 20 prazas e o custe será de 200 euros, sen embargo os que estean empadroados no concello de Burela só deberán abonar 100 euros “xa que o Concello lles bonifica o resto, é dicir o 50%”, segundo explicou a edil do Mar.

Remedios López está moi interesada en que “se coñeza a nomenclatura náutica, as partes da embarcación, os elementos de amarre e fondeo, a seguridade e os riscos laborais no mar, a navegación e os seus perigos, convenio internacional para previr os abordaxes, balizamento,etc. Pretendemos así inculcar coñecementos náuticos básicos na poboación para comezar a navegar con seguridade, respectando as sinais e cunha pequena formación lexislativa proporcionada por monitores federados”.

Exit mobile version