Site icon Crónica3.com A Mariña

O edil de Medio Ambiente de Ribadeo di que entre 35 e 50 persoas foron a diario ás Xornadas Ambientais

Nota de prensa

CUPEIRO FAI UNHA VALORACIÓN MOI POSITIVA DAS XIII XORNADAS AMBIENTAIS QUE REMATARON ONTE EN RIBADEO. O EDIL NACIONALISTA AGRADECE A PRESENCIA DOS PONENTES E DOS ASISTENTES E A PARTICPACIÓN DOS PATROCINADORES E COLABORADORES.

Ribadeo, 17 de setembro de 2010. O concelleiro de Medio Ambiente, Horacio Cupeiro, fai unha valoración moi positiva das XIII Xornadas Ambientais que remataron na tarde de onte en Ribadeo. E agradece a presencia dos ponentes e dos asistentes e a cobertura realizada polos medios de comunicación e tamén tivo palabras de gratitude para os patrocinadores e colaboradores no evento.

O edil nacionalista dixo estar “francamente contento de cómo se desenvolveron as xornadas. Agradezo a asistencia dos alumnos que sairon moi contentos da calidade dos ponentes e da conferencia de clausura pronunciada por Domingo Gómez. Tamén foi importante a presenza do director xeral de Sostibilidade e Paisaxe e quero agradecer a colaboradores e patrocinadores a súa participación, a dirección xeral de Manuel Borobio permitíume segregar unha partida económica do núcleo de sostibilidade para poder facer fronte a parte dos gastos ocasionados por este evento”.

Cupeiro tamén aludiu ás declaracións efectuadas nos últimos días desde UPRI, “quero dicirlle ao señor Rivas que é un torpedeiro e que os días elexidos para a súa celebración teñen a súa explicación. Nós decidimos facer unhas xornadas de portas abertas para que a xente do ensino puidese acudir, aínda que non tivera o recoñecemento de formación do profesorado. Enviáronme unha circular da propia Consellería na que me dicían que entre os destinatarios só pode haber profesores e como moito ata un 30% de titulados que non estean exercendo a docencia, non pode haber estudiantes nin técnicos. Nós como queríamos que asistise todo o mundo por iso fixemos as xornadas de portas abertas”. O responsable de Medio Ambiente engadiu que “asistiron a diario entre 35 e 50 persoas desde as 10 da mañá ata as 8 da tarde. Isto supón un sacrificio moi grande, a pesares do interés das conferencia. Incluso o mesmo Domingo Gómez nos felicitou polo nivel das ponencias e me dixeron que non é fácil esta asistencia a nivel de Galicia”.

Exit mobile version