Site icon Crónica3.com A Mariña

O goberno municipal de Burela ratificou as alegacións as Directrices de Ordenación do Territorio

Nota de Prensa

O BIPARTITO CRITICA A AUSENCIA DO PP DO PLENO DE ONTE CANDO SE PROCEDÍA A RATIFICAR AS ALEGACIÓNS PRESENTADAS POLO CONCELLO ÁS DIRECTRICES DE ORDENACIÓN DO TERRITORIO DA XUNTA. O EQUIPO DE GOBERNO DEMANDA QUE BURELA SEXA CABECEIRA COMARCAL AO IGUAL QUE VIVEIRO E RIBADEO.

Burela, 3 de setembro de 2010. A tenente de alcalde, Neves Cando, critica que o PP se ausentase do pleno de onte cando de procedía a ratificar as alegacións presentadas polo Concello ás Directrices de Ordenación do Territorio (DOT) da Xunta. O equipo de goberno demanda que Burela sexa catalogada como cabeceira comarcal nese documento ao igual que o son Viveiro e Ribadeo.

A edil nacionalista explicou que “onte asistimos no pleno que se celebrou en Burela a unha actuación por parte do PP que podemos cualificar de moi grave para os intereses do noso pobo. Tratábamos o punto relativo á ratificación das alegacións do Concello de Burela ao documento de Directrices de Ordenación do Territorio, onde se considera a Burela como subcabeceira dentro da comarca da Mariña e o PP de Burela ausentóuse do pleno, non dixo nada, calou”.

Cando sinalou que “neste documento de Directrices de Ordenación do Territorio que ven de sacar a Xunta márcanse dúas cabeceiras de comarca que son Ribadeo e Viveiro e Burela aparece catalogada en segunda división como subcabeceira de comarca. Desde o equipo de goberno cremos que isto non se corresponde coa realidade social, económica e real do noso concello que conta cun moi importante sector primario da pesca e terciario de servizos, cunha poboación en claro ascenso ano a ano e moi nova, cun hospital comarcal e con outros servizos administrativos moi importantes e únicos en toda a comarca. E ademáis de todo isto solicitamos que dentro desas directrices que acaba de sacar a Xunta Burela non sexa situada no sistema urbano intermedio senón que pase a ser cabeceira de comarca como sí se considera a Ribadeo e a Viveiro”.

A tenente de alcalde engadiu que “ante esto o PP de Burela non só nin dixo nada e calou senón que se ausentou para non pronunciarse dito literalmente polo seu portavoz. O PP de Burela ten que aclararlles a todos os veciños e veciñas por qué non ten nada que dicir a este documento da Xunta que rebaixa a Burela a segunda división. ¿Por qué cala o PP de Burela? Debe ser porque non queren poñerse a mal co seu partido ou porque se conforman con que Burela sexa unha vila de segunda división”.

Exit mobile version