Site icon Crónica3.com A Mariña

O grupo municipal do PP no concello de Viveiro formulará un rogo ao pleno e quince preguntas de diversa índole

Nota de Prensa

O Concelleiro abaixo firmante, Guillermo Leal Arias, portavoz do GRUPO MUNICIPAL DO PARTIDO POPULAR NO CONCELLO DE VIVEIRO,

Formula as seguintes preguntas e rogos para pleno da corporación municipal de Viveiro:
PREGUNTAS

1.-  ¿Ten previsto o goberno municipal a curto prazo arranxar a pista paralela a estacada en Vieiro?, ¿Si e así para cando?.

2.-  Saiu na prensa e corroborouno a Sr. Alcalde tamén nun pleno que lle foran concedidas a clasificación Q de calidade as praias de Area e Covas, e que foron recollidas pola 1ª tenente alcalde en Madrid, ¿ Porque non onderon ditas bandeiras nas respectivas praias?

3.- Nun pleno anterior por parte deste grupo municipal fixeráse un pregunta ó Sr. Alcalde sobre a rampa de madeira de acceso a paria de Area, perto do albergue, ya que tiña moito desnivel para baixar o areal. Contestouse que se ía arranxar. Rematou Agosto e segue sen amañar , ¿Cando se vai proceder?.

4.- No terreo contiguo o centro sociocultural de San Pedro, despois a sua reforma, (por certo moi boa), fixose un aparcadoiro. Varios vecinos fixéronnos chegar as súas queixas dado que cando se accede o mesmo tocan os vehículos coas defensas no chan debido ao desnivel, ¿Poderase arranxar esta situación?

5.- Na fonte do lugar da Fornela en Galdo, cando chega o mes de Setembro, tódolos anos teñen falta de auga. Dende o equipo de goberno dixoselles os vecinos en varias ocasións que se ía subsanar esa deficencia, ¿Esta solucionado o tema?

6.- Nas pasadas festas patronais e de verán de Viveiro 2010, no acto de izado das bandeiras dende o balcón da Casa do Concello ¿porque non foi interpretado o himno nacional de España xunto co himno galego?

7.- En varios plenos anteriores preguntábamos o Sr. Alcalde cando se ían arranxar as pistas nas parroquias do Concello que se atopaban en mal estado. Como exemplos: en Covas, nos burgos e rúas de Castrillón, Pereira, Santiago, Casería, Granxas, Puxigueira, Ortigueira, Emilio Bouza, acceso ao antiguo colexio, Cascallar, Congostras, a pista que vai dende dende as congostras a sequeiro e Vieiro, Foro, Comiños, Escourido-Pardiñás. No barrio de Cantarrana, en diversas calles; en Vieiro, no barrios de Pombal e Campo de Bois; En Magazos, Villamarcol; en Viveiro, o acceso a Penjamo-Nogueiras, Alonso Pérez, Campo de Verdes, a antigua calle do Matadeiro; en Landrove, rúa Pallete, Penaxunta, Alamparte, o Cristo; en Chavín, Nogarido, Allares, Rivas, Piñeiro, Os taravelos; en Celeiro, A Costa, sin olvidarnos de mencionar Area, San Pedro e Valcarria. ¿Poden indicarnos o equipo de gobernó unha data para comenzar as obras de acondicionamento?

8.- O muro contiguo a oficna de turismo de Viveiro foi derrubado por un vehiculo en un accidente ocurrido xa hai algún tempo, ¿Cando se vai reparar o mesmo?

9.- O concello fíxose cargo da piscina municipal a pasado 1 de Agosto. Durante ese mes estivo cerrada o publico para subsanar as deficiencias, ¿Cómo van as obras?, ¿Cando está previsto que se poida abrir de novo?.

10.- Con respecto aos empregados da concesionaria da piscina de Viveiro, Gaia, ¿foron despedidos pola concesionaria?, ¿pasaron a formar parte da empresa  municipal turviveiro?, ¿Quen vai levar a xetión de aquí en diante do complexo?.

11.- Aos empregados de turviveiro que prestaban os seus servicios no porto deportivo, e tras facerse cargo portos de Galicia do porto, ¿Qué pasou cos seus contratos? ¿foilles rescindido ou están realizando actividades noutros departamentos do concello?

12.- ¿As obras do alcantillado do Lugar da Cabana en Viveiro esta xa concluido?, ¿Cando se vai poner en marcha o seu funcionamento?.

13.- ¿Ten constancia o equipo de gobernó do vertedoiro incontrolado que existe na zona da insua, contiguo a antiguo pechado?, ¿Qué se pensa facer o respecto?

14.- Na mesma zona da insua, na pista que vai á area etnográfica dende hay tempo, estanse a realizar unhas obras de alumeado publico. A esta data tan so esta feita a obra civil. ¿Cando se vai proceder a acabar e poner en funcionamento dita instalación?.

15.- Dende hai mais de dous anos as tres primeiras farolas do paseo perto da Opel, a alguna mais oa longo do paseo están sin funcionar xa que non teñen nin portalámparas nin lámparas nin as tulipas protectoras; Asi mesmo no paseo marítimo de covas igualmente,  ¿Cando se van reponer e poñelas a funcionar?.

ROGOS.

Facéndonos eco de varios vecinos da Parroquia de San Cibrao de Viveiro das zonas de Cabeceira e Pelourao, indicando que no inverno dicorre a auga da choiva que ven da silvarosa pola pista e non polas cunetas, Rogamos a limpieza das cunetas da pista que baixa da silvarosa ata eses nucleos.

Exit mobile version